Saltar ao contido

O Ares y Fuertes demostra que ser EQUIPO é a clave

Recibían este domingo os nosos rapaces do Bm Culleredo Ares y Fuertes ao Balonmán Tui, un equipo aguerrido e moi superior físicamente que ven competindo con todos os "galos" da categoría.

Ante este difícil escenario sumabámoslle a baixa de Aitor Fariña que se perdía o encontro por unhas molestias e a de Jorge García Serantes, que cun golpe recibido no quecemento se perdería o encontro.

Tocaba esta vez, como sempre decimos, xuntarse máis e ser máis equipo que nunca e vaites se o fomos! Dende o primeiro minuto puido verse a un Ares y Fuertes que non viramos ata agora, un equipo moi intenso, que suplía a falta da forza e tamaño respecto aos rivais con garra e ganas de sacalo encontro adiante. A nosa presionante defensa era un auténtico risco que asumíamos para tentar alonxalas "torres" rivais da nosa portería e obligalos a ter que botar o balón o máximo posible, donde poderíamos ter unha vantaxe.

Nos primeiros compases non estábamos acertados, errando varios lanzamentos claros e perdendo balóns que permitían aos de Tui manterse no encontro. Co paso dos minutos conseguirían os nosos precisar, xogando continuamente a partires das transformacións dos nosos laterais e atopando boas situacións nos 2x2 cos pivotes e sacando o balón a zonas exteriores, donde os nosos extremos finalizaban eficientemente.

Durante todo o encontro fomos capaces de explotar a 2ª oleada como nunca, subindo con velocidade, pero cun control que ata agora non foramos capaces de ter, pillando en numerosas ocasións á defensa do Tui ainda sen formar.

Nada cambiaría no segundo tempo, donde o traballo colectivo e os ánimos dende o banquillo dos nosos marcaban unha diferenza importante no campo.

Hai que darlle a noraboa a estes rapaces, que despois de todo o ocurrido con anterioridade acaban de dar un paso MOI IMPORTANTE de cara a seguir progresando e alcanzalos obxetivos que eles mesmos teñen marcados. Agora sí comezamos a ser un equipo!

Bm Culleredo Ares y Fuertes: 49 (24+25) Darío, Hugo, Pedro, Jorge, Mauro, Leo, Nicolás, Roi, Marco, Pablo e Mario.

Martínez & de Castro Bm Tui: 40 (18+22) Pedro, Jonas, Aitor, Jose, Tomás, Gonzalo, Breixo, Nicolás, Hugo, Pedro, Mateo e Felix.

Árbitros: Paula Peteiro e Daniel González.

Incidencias: Partido correspondente á 8ª xornada da Liga Ouro infantil masculina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *