Saltar ao contido

O CANOSA ABOGACÍA INICIA A SEGUNDA FASE DE LIGA

O pasado sábado as rapazas do Canosa Abogacía recibían ao Xiria no primeiro partido desta segunda fase da Liga Prata.

O partido iniciou cun Canosa Abogacía moi individualista en ataque, o que fixo sufrir moito as nosas xogadoras no 1x1 ante a defensa presionante do Xiria. Cando empezaron a traballar colectivamente e a desmarcarse sin balón o xogo comezou a coller ritmo e a desequilibrar ás rivais. Na defensa as nosas cadetes tiveron erros nas vasculacións na 6:0 que facilitaban o ataque das do Xiria. Co paso a 5:1 comezaron a ter máis intensidade.

Resultado ao descanso: Bm Culleredo Canosa Abogacía 11 - Bm Culleredo Canosa Abogacía 16.

Na segunda metade o Canosa continuou coa defensa 5:1 conseguindo ser máis agresivas e interceptando unha serie de balóns nos pases das rivais, recortando desta maneira distancia no marcador. No ataque o cambio de ritmo con respecto a primeira parte foi notorio e grazas aos continuos desmarques das extremos conseguíronse goles sen apenas oposición e con espazos amplios nas zonas exteriores.

Bo partido do Canosa Abogacía, que tras non rematar a primeira fase mostrando a súa mellor cara, si que comeza esta segunda con gañas de demostrar que merecen estar arriba na táboa. A fin de semana que ven tocaralles viaxar a Cañiza.

Resultado ao final: Bm Culleredo Canosa Abogacía 30 - Cadete Feminino Xiria 33.

Parciais cada 5´: 3-2/ 4-4/ 7-8/ 9-12/ 10-14/ 11-16// 14-18/ 15-23/ 21-27/ 23-29/ 27-30/ 30-33.

Cadete Feminino Xiria: Sara Trigo, Aroa Lista, Carmen Fuentes, Zaira Longueira, Mara Vidal, Lucía Suárez, Sofía Trigo, Alba Mourelle, Sofía Balsa, Lara López, Eva Vidal, Lara Sande, Natalia Varela, Abigail González, Uxía Pereiro.

Bm Culleredo Canosa Abogacía: Alba Romero, Aroa Martínez, Carmen García, Cintia Míguez, Elena Aneiros, Eva Outón, Helena Portas, Sara Villar, Simona Seo, Sofía Meijide, Sofía Orge, Uxía Seoane, Yasmín Gabarri.

Árbitro: Pablo Torreiro.

Incidencias: Xornada 1 da segunda fase da Liga Prata Cadete Feminina (grupo D), disputado no Pavillón Municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *