
A pasada fin de semana comezou a segunda fase da liga prata xuvenil, onde están encadrados os 6 mellores equipos da 1° fase.O debut nesta fase foi contra os veciños do Balonmán Atlántico.
Na primeira metade saímos centrados na faceta defensiva para poder xogar transicións rápidas ,pero os erros dende lanzamentos dende os 6 metros non nos permitiu despegarnos no marcador.Transcurriron os primeiros 20 minutos con igualdades no electrónico e partir de ahí subiuse a porcentaxe de acerto nos lanzamentos e logramos vantaxe de 3 goles ao finalizar o primeiro acto.
Na segunda metade os xogadores cullerdenses subiron a intensidade un chisco mais na defensa e apoiados nunha gran portería saían ao contragolpe que desta vez si que eran efectivos e ampliaron rápidamente a diferencia aos 10 goles .Os derradeiros minutos o equipo visitante moi mermado físicamente xa non era capaz de atopar ocos na defensa local e tampouco de frenar a velocidade no ataque cullerdense.Unha segunda metade moi sería dos nosos que conseguiron rematar o encontro con 15 goles de diferencia.
Balonmán Culleredo Galaico Caravaning.30(12+18):Hugo Díaz,Mateo Basanta,Iago,Hugo Bermúdez, Hugo Bregua,Fabián, Jorge Outón, Adrián,Jairo,Xoan,Diego e Alexis.
Balonmán Atlántico.15(9+6):Pablo,Alejandro,Roi,Martín, Adrián, Emilio,Unai,Daniel,Mateo,Enmanuel,Carlos, Teo e Damián.
Colexiado:Uxía Mariño.
Incidencias:Encontro disputado no municipal de Tarrío ante un bo número de siareiros locais e visitantes.
