Saltar ao contido

VICTORIA CIMENTADA POLO TRABALLO DEFENSIVO

O mono de traballo foi o detalle máis importante do encontro, isto é o que marca as diferenzas en moitos encontro , tanto de alto nive como de baixo nivel .

O Sutenor saiu a defender a súa portería cun sistema defensivo 6:0 que tivo moita práctica , tan só os lanzamentos dende 9 metros eran capaces de superar a defensa cullerdense. O desprazamentos e solidez no centro da defensa estaba provocar moitas dúbidas ao ataque visitante que non era capaz de superar e xerar desequilbrio defensivo , e cando iso sucendía a cadea de axudas solidaria aparecía no último momento para poder seguir defendendo con éxito a porteria cullerdense.

Na fase ofensiva o ataque a defensa 5:1 estivo plantexado continuamente con transformacións de primeira liña ou nalgunha ocasión de segunda liña. A defensa profunda do Bueu estaba a ser hundida e iso provocaba que os 1x1 tiveran máis éxito e ante a subida das defensoras o xogo co pivote estaba a ser non excelente pero si moi prácitco e decisivo.

O cambio a defensa 5:1 tamén seguiu provocando situación positivas para o equipo local que terminaba a primeira parte encaixado tan só 11 goles e provocando interceptacións para sair ao contrataque en accións directas e poder aumentar a ventaxa antes do descanso .

Resultado ao descanso: Bm Culleredo Sutenor 17- Área de Servicio Lapamán Atlético Bueu 11

Na segunda metade o Sutenor subiu unha marcha e conseguía ampliar a ventaxa , o plantexamento seguía da mesma maneira , a disciplina estaba presente e iso a veces ainda que sexa monotono , e moi importante para poder acadar niveis alto de disciplina e poder dominar as tomas de decisión, que neste caso e en moitas ocasión foron moi correctas.

A nivel defensivo o plantexamento 5:1 seguía a crear moitos problemas ao ataque rival aínda que hai que seguir axustando pequenos detalles que a simple vista non se observan . Ainda asi ,moi bó traballo a niveis xerais. E na fase ofensiva o cambio de tendencia de atacar ao centro , cambiouse por atacar hacia a fora, onde tivose unha alta precisión nos lanzamentos en zonas exteriores.

Un regular encontro tanto a nivel defensivo coma ofensivo ten resultados positivos, que hai que seguir analizando para poder seguir aumentando o nivel .

Agora quedan dous encontro moi duros ante o primeiro e segundo clasificado onde marcarán un liña moi fina de ata onde se pode chegar ou ata onde se quere chegar . Queda moito por diante e hai que seguir nesta liña .

Forza Culle.

Resultado final: Bm Culleredo Sutenor 37- Cafetería Jardín Atlético Bueu 23

Bm Culleredo Sutenor: Sara Fernández, Helena Portas, África Gomez, Thais Villaverde, Alba Fernández, Aitana Gestal , Noa Otón , Rosalía Veiga, Claudia Soto , Lola Romero, María Otero, Sara Villar.

Área de Servicio Lapamán Atlético Bueu: Paula Sánchez, Ainhoa Blanco , Celia Jimenez, María Canosa, Blanca Agraso , Carlota de la Torre, Elena Barreiro, Julia González , Candela Santos

Parciais cada 5`: 4-5/6-6/8-6/10-8/13-10/17-11/9-12/24-16/28-20/31-21/35-21/37-23

Árbitros: Nicolás Nuñez y José López

Incidencias: Xornada 7 da liga ouro cadete feminino , disputado no pavillón municipal de Almeiras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *