Saltar ao contido

O REMAX RIAZOR CAE DERROTADO ANTE UN BUEU MOI SUPERIOR

Este domingo o Remax Riazor tiña un encontro moi compricado , o segundo clasificado da liga ouro visitaba Almeiras. O equipo cullerdense estivo a adestrar moi ben esta semana , as rapazas están a obter esa pequena mellora que se está a dispoñer na pista deportiva .

Xa dende o inicio esa mellora estivo presente , pese a que o Bueu pronto encadeou unha serie de defensas e contrataques e no minuto 15 xa tiña unha vantaxe de 6 goles, a predisposición e o saber estar na pista notábase moi positivamente no Remax Riazor.

A niveis físicos e reactividade había moita diferenza nos dous equipos pero o xogo continuaba e o Remax Riazor non daba por pérdido nada . O bloque defensivo era máis correcto quizáis coa defensa 3:3 o Bueu aproveitaba moito os espazos abertos que a o Remax Riazor deixaba pero isto e asi , esta é a proposta, acoller pouco a pouco os conceptos básicos defensivos para máis adiante e pouco a pouco ir subindo de nivel .

A diferencia era moi amplia pero as sensacións non eran malas , aínda asi o resultado ao final da primeira parte sería de :

Bm Culleredo Remax Riazor 8- Cafetería Jardín Atlético Bueu. 20

Na segunda metade e cun Remax Riazor plagado de alevíns conseguiu moi boas accións tanto na fase ofensiva como na defensiva , incluso conseguindo algún contrataque directo tras interceptación . Isto é o que se busca , estar metidas e concentradas no encontro .

O encontro seguíu cun dominio por parte do equipo`visitante pero cun equipo local que non deixou de loitar e intentar reducir a diferencia no marcador . A defensa 5:1 estaba a crear moitos problemas ao ataque local , pero conn disciplina e a pesar de fallar lanzamentos en situacións correctas o equipo non parou de loitar e poder romper unha das mellores defensas do campionato .

A pesar do resultado bó encontro das nosas infantís que están a mellorar pouco a pouco , isto notase en pequenos detalles que pouco a pouco convertiránse en grandes detalles.

Queda moito por diante, tanto que a veces queremos ter todo de primeiras e iso é moi dificil . Bo traballo semanal e bó enontro. Noraboa polo traballo neste último mes . Agora toca finalizar a primeira volta ante o lider e logo tocará descansar no parón navideño .

Forza Culle .

Bm Culleredo Remax Riazor: Aldara Allegue, Sofía Calvo , Candela Tizón, Olivia Pan , Aroa Bestilleiro, Sabela Lamas, Andrea Muñoz,Salma Martinez, Uxía Seoane, Sofía Orge, Elena Aneiros, Martina Villaverde, Lucia Peña, Daniela Manteiga.

Cafetería Jardín Atlético Bueu: Valentina Budiño, Marie Rey, Clara Torres, Violeta Miranda,Sabela Reiriz, Gabriela Campos, Noa Gago , Daniela Pazo, Elena Pastoriza, Leyre Sotelo , Marta Chapela

Parciais cada 5`: 1-3/3-8/5-12/6-16/8-20/10-24/12-27/15-30/16-35/17-39

Árbitros: Nicolás Nuñez y José López.

Incidencias: Xornada 7 da liga de ouro infantil femenina , disputado no pavillón municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *