Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Previa da Xornada 14.12.25

SENIOR

O Bm Culleredo recibe este próximo sábado no Municipal de Tarrío, ás 19:30h, a un Bm Porriño sempre competitivo e perigoso nestas alturas de tempada pola súa necesidade de sumar puntos. Os cullerdenses, desexan olvidar o mal encontro do fin de semana pasado en Vigo e voltar a regularidade e ao bo xogo que están a ofrecer este ano.

Tarrío debe de ser, unha vez máis, un fortín, pero para iso o conxunto de Culleredo terá que impoñer o seu ritmo alto de xogo a partires das mellores prestacións na retagarda.


XM - GALAICO CARAVANING

Comezo da 2 ° fase da Liga Prata xuvenil cun derbi ante os veciños do Balonmán Atlántico.

Os nosos xuvenís deberán de rendir a bo nivel para loitar pola vitoria, xa que o equipo visitante xa  nos meteu en moitas dificultades no encontro da 1° fase. A defensa dos cullerdenses ten que ser a base na que poder cimentar o triunfo para poder saír rápido no contraataque e así evitar o ataque posicional.

XF - FISIOTERAPIA BENESTAR

Derradeiro encontro da primeira fase para as nosas xuvenís, que poden certificar o primeiro posto gañando este sábado ante o segundo clasificado.

No encontro de ida o Fisioterapia Benestar tivo un encontro moi igualado fronte o Sanxenxo onde puido romper o encontro no tramo final. Espérase un bó encontro esta fin de semana onde poidan deixar o traballo feito antes da na última xornada, onde o Fisioterapia descansará a espera dos resultados das rivais.

CF - SUTENOR

Encontro que xa se disputou no play off de ascenso a Liga Ouro. As nosas, con moito carácter, veñen de obter os dous puntos ante un rival que está baixo na táboa pero que está a facer un bo xogo, esta fin de semana o bo xogo ten que perfilarse para poder acadar a vitoria.

CM - DESPREOCÚPATE.ES

Penúltima xornada na Liga Ouro para os cadetes antes do parón vacacional, que reciben o domingo (13:00h Pavillón de Almeiras) a un perigoso conxunto olívico como é o Seis Do Nadal.

O conxunto cullerdense, que ten como obxectivo seguir a estela do líder na parte alta da táboa clasificatoria, vese na obriga de completar un encontro serio e regular durante os sesenta minutos, para non dar opcións a un rival que está a crecer co paso das xornadas. As prestación defensivas marcarán, unha vez máis, as posibilidades de éxito do Bm Culleredo Despreocúpate.es.

CF - CANOSA ABOGACÍA

Comeza este sábado a segunda fase da Liga Prata para as nosas cadetes do Canosa Abogacía, e non podía ser doutra maneira que enfrontándose de novo as rapazas do Xiria.

Tras un froxo final da primeira volta contra elas, as do Canosa veñen convencidas de darlle a volta ao marcador, mais non será sinxelo. Se as de Culleredo queren levarse os dous puntos deberán de manter a concentración e a intensidade durante todo o partido, desmarcándose e traballando en equipo, seguindo o modelo de xogo ofensivo e defensivo e tratando de subir a contra promovendo un ritmo de xogo alto.

IM - ARES Y FUERTES

Trala racha de derrotas dos nosos, chegan a este encontro con 2 semanas de moi bos adestramentos e con moita ilusión de volver á senda da vitoria para escalar de novo á cima da clasificación! Será un duro encontro contra un rival correoso, que ven de competir cos mellores equipos da competición, pero será un paso importante de cara ao cambio da dinámica do equipo.

IF - REMAX RIAZOR

Quizáis un dos encontros máis complicados do ano para as nosas infantís. No play off de ascenso o equipo visitante tivo un nivel superior as nosas pero o Remax Riazor ten na cabeza poder ter un encontro moito máis axustado . Leva un mes cun bo traballo pero agora queda plasmalo no fin de semana.

FORZA CULLE!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *