
Previa da Xornada 07.12.25
SENIOR
Un Bm Culleredo en racha positiva e cunha traxectoria ascendente, viaxa este próximo sábado a Vigo para afrontar o encontro da xornada 13° do grupo A de 1ª Nacional.
Os cullerdenses ambicionan seguir sumando e aínda que son sabedores do alto nivel competitivo de Granitos Ibéricos Carballal, non renuncian absolutamente a nada nun partido no que os dous puntos outorgarían ascender ata a quinta praza.
O encontro disputarase ás 18:00h no Municipal de Carballal.
CM - BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES
Importante e esixente partido o que vai disputar o Bm Culleredo este venres en Lalín, e é que os cullerdenses viaxan á capital do Deza coa ambición e o obxectivo de conseguir unha nova vitoria que os leve á segunda praza da clasificación.
O seu rival, o Librería Dalvi Bm Lalín, é o equipo que agora ocupa ese posto, a dous puntos do primeiro clasificado, aínda que cun partido menos. A tan só dous puntos, sitúase o Bm Culleredo, feito que indica que será un encontro que promete emocións fortes e bo balonmán, con moito en xogo por parte de ambos os conxuntos.
O partido disputarase ás 19:00h no maxestuoso Lalín Area.
FORZA CULLE!!
