
Desprazábanse os nosos a Carballo para medirse ao Xiria "A" cadete, equipo que este ano non conseguiu clasificarse á Liga Ouro e que polo tanto sabíamos que ía a ser un rival moi duro.
Comezou o encontro e o Xiria prantexábanos unha defensa 3:3 moi presionante que nos dificultaba o xogo en ataque, tendo que volver ao modelo de xogo de infantís, buscando contínuas accións de xogo sen balón, abandoando os postos específicos e buscando aproveitalos grandes espazos entre as liñas dos locais.
A nivel defensivo, a nosa 5:1 comezou sendo moi efectiva, conseguindo xerar moitas dudas aos locais coas presións pares e impares dos nosos segundos e exteriores, sen embargo, co paso dos minutos e a diferenza de plantel, comezaría a aparecelo cansancio e facer mella nos nosos. Con máis espazos e menos enerxía nas pernas veríamonos superados por un Xiria máis fresco.
Esta brecha non fixo máis que agrandarse no segundo tempo para pechar o encontro cun castigo excesivo para o bo traballo por momentos dos nosos rapaces que cada día dan un pasiño ao frente.
