Saltar ao contido

O Óptica Gallaecia gaña e convence en Carballo

Moi boa vitoria dos nosos rapaces do Bm Culleredo Óptica Gallaecia en Carballo. Os nosos fixeron un partido moi completo por segundo fin de semana consecutivo, xogando de forma colectiva e ordenada en todo momento.

Saltaban ao campo os nosos moi motivados e conseguimos que o xogo sen balón fose a base do noso ataque, superando sen balón a presión da 3:3 proposta polo Xiria e xerando moitas situacións de gol claras. As continuidades sucedíanse e conseguíamos finalizar dende os extremos en numerosas ocasións.

Sen dúbida a nota máis positiva do encontro foi o bo traballo na cadea de axudas defensivas, cunha defensa do Óptica Gallaecia moi xunta e solidaria. As accións defensivas dos nosos exteriores en situacións impares foron impecables e conseguimos desta forma pechar un encontro redondo.

Seguimos medrando pasiño a pasiño e conseguindo competir cada vez mellor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *