
Visita a Lalín para o Bm Culleredo Ares y Fuertes, que chegaba nun momento duro a nivel competitivo pero con boas sensación nos adestramentos. O rival nesta ocasión era o sempre duro Lalín, clube que con xeracións máis ou menos fortes sempre son competitivos e sen dúbida loitadores.
Comezaban os nosos o encontro algo espesos, cun ritmo moi lento, abusando do bote e retendo o balón moito tempo na man. A pesares de todo, estaban os nosos a conseguir xerar innumerables ocasións xogando de forma máis ou menos ordenada, pero os erros de lanzamento en situacións francas impedíannos despegarnos nun marcador que reflexaba un intercambio contínuo de golpes.
A nivel defensivo, o mal posicionamento e a falta de axudas facilitáballe moito o traballo a un Lalín dubidativo, pero que se iría entonando co paso dos minutos, chegando a ser realmente efectivos e aproveitando os nosos erros graves no lanzamento e na cadea de axudas defensivas.
Reanudámos o encontro con 5 goles de desvantaxe, unha diferenza notable, pero que dende logo non era para nada definitiva. Nos primeiros compases do segundo tempo custaríanos moito entrar, pero pouco a pouco iríamos axustando cousas e conseguíamos igualalo marcador a un Lalín moi crecido.
De novo virían momentos de encadear varios erros seguidos pola nosa parte e volvería o Lalín a verse 4 goles arriba a falta de pouco máis de 4 min de xogo. Tocaba presionar a todo o campo, arriscar máis e loitar por reducila diferenza para poder ter opcións aos 2 puntos.
A piques estiveron os nosos de conseguilo, que por un momento soñaron con gañar un partido que nunca chegamos a controlar.
Unha nova derrota para os nosos, que dende logo é un duro golpe, pero que debe valernos para reflexionar acerca da intensidade necesaria para competir a este nivel e para vela gran cantidade de erros cometidos, que sen dúbida podemos afrontar e solventar. Seguimos traballando para seguir medrando!
Balonmán Lalín: 33 (15+18) Iker, Hugo, Xabier, Asier, Ángel, Pablo, Xabi, Iván, André, Javier, Martín, Sergio e Yoel.
Bm Culleredo Ares y Fuertes: 32 (10+22) Jorge García, Hugo, Aitor, Jorge Serantes, Mauro, Leo, Nicolás, Roi, Pablo, Mario e Darío.
Árbitros: Sara Gómez e Esteban Díaz.
Incidencias: Partido correspondente á 7ª xornada da Liga Ouro infantil masculina.
