Saltar ao contido

SEGUNDO POSTO PARA O CANOSA ABOGACÍA

O pasado sábado as rapazas do Canosa Abogacía se desprazaban a Carballo para decidir o primeiro posto desta primeira fase.

As cadetes do Canosa iniciaron desconectadas e sen intensidade, o que fixo que as do Xiria non o pensaran e lograban nos primeiros 10 minutos un parcial de 10-0 a través das interceptacións de balón e os erros nos pases da nosa primeira línea. Tras un tempo morto a dinámica cambiou e as cullerdenses comezaron a desmarcarse sin balón conseguindo achegarse a potería e finalizar con éxito. Na defensa comezaron tamén a ser máis agresivas e solidarias, interceptando unha serie de pases e terminando a primeira metade recortando distancias no marcador e con intensidade e actitude.

Resultado ao descanso: Cadete Feminino Xiria 18 - Bm Culleredo Canosa Abogacía 10.

Na segunda parte comezou a notarse o cansancio e aínda que as do Canosa non se deron por vencidas conseguían as do Xiria superalas con facilidade en certos momentos. Destacar a boa actitude que tiveron as rapazas ata o final, loitando cada balón e amosando un bo traballo grupal.

Remata esta primeira fase co Bm Culleredo Canosa Abogacía nun segundo posto que lles da o pase ao grupo polo título da Liga Prata que iniciará a competición o 14-15/12. Queda moito traballo por diante, o cal inicia esta semana.

Resultado ao final: Cadete Feminino Xiria 34 - Bm Culleredo Canosa Abogacía 23.

Parciais cada 5´: 4-0/ 10-0/ 11-2/ 14-5/ 16-9/ 18-10 // 21-11/ 21-14/ 24-16/ 29-16/ 31-19/ 34-23.

Cadete Feminino Xiria: Sara Trigo, Aroa Lista, Carmen Fuentes, Julia Souto, Zaira Longueira, Mara Vidal, Lucía Suárez, Sara Fernández, Inés Cabeza, Alba Mourelle, Eva Vidal, Lara Sande, Natalia Varela, Abigail González, Sandra Regueiro.

Bm Culleredo Canosa Abogacía: Alba Romero, Aroa Martínez, Carmen García, Cintia Míguez, Elena Aneiros, Eva Outón, Helena Portas, Sara Villar, Simona Seo, Sofía Meijide, Sofía Orge.

Árbitros: Alison Caamaño, Andrés Pedreira.

Incidencias: Xornada 7 da Liga Prata Cadete Feminina (grupo D), disputado no Pavillón CEIP Fogar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *