
O pasado sábado as rapazas do Fisioterapia Benestar visitaban a pista do Bm Brigantium.
O inicio non foi moi acertado por parte das nosas, na parte ofensiva non estaban a saír con fluidez as xogadas e os lanzamentos non eran claros ante a defensa 6:0 das rivais. A medida que avanzaba a primeira metade conseguían darlle unha volta a esta situación e cunha serie de transformacións de extremo e permutas, añadido ao xogo colectivo, conseguían penetrar con facilidade. Por outra banda, as do Fisioterapia iniciaron cunha defensa 6:0 que transformaron en 5:1 a medida que avanzaba o encontro, logrando defensas exitosas, aínda que cometendo algún erro nas disuasións e zona de pivote.
Resultado ao descanso: Bm Brigantium Nunegal 7 - Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 17.
A segunda parte iniciou cun Fisioterapia froxo en ataque, con erros nos pases e recepcións, así como fallos nos lanzamentos. Aínda así, e compensándoo co traballo defensivo, o cal foi moi bo durante gran parte desta metade, conseguiron manter a distancia no marcador conseguido na primeira parte e apretar ao final do encontro cunha rápida subida de balón.
Agora teñen dúas semanas por diante para seguir traballando e rematar o último encontro desta primeira fase con boas sensacións e asegurando o liderato.
Resultado ao final: Bm Brigantium Nunegal 14 - Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 32.
Parciais cada 5´: 0-1/ 3-5/ 5-7/ 7-10/ 7-12/ 7-17 // 7-18/ 8-21/ 8-24/ 10-25/ 11-26/ 14-32.
Bm Brigantium Nunegal: Daniela Mato, Sara Leis, Uxía Ameijenda, María Rosalia Astray, Carmen Varela, Noelia Gregori, Aroa Cosme, Valeria Ameijenda, Uxía Seoane, Celia González, Alejandra Gallego, Martina Cousido, Icía López.
Bm Culleredo Fisioterapia Benestar: Adriana Vázquez, Aldara Piñeiro, Antía Ferreño, Carmela Erías, Daniela Pérez, Leire Barbeito, Lúa Fernández, Luana Gómez, Paula Peteiro, Sara Fraga.
Árbitro: Víctor Pérez.
Incidencias: Xornada 8 da Liga Prata Xuvenil Feminina (grupo D), disputado no Polideportivo Municipal de Novo Mesoiro.
