Saltar ao contido

O REMAX RIAZOR , DE MENOS A MAÍS ,VOLVE A ATOPARSE COA VICTORIA

O Remax Riazor afrontaban unn novo encontro esta vez ante o Bm Lalín , o último clasificado na liga regular . O encontro estaría marcado por unha igualdade inicial , o equipo local cunha defensa 5:1 estivo a poñer en problemas inicias ao equipo cullerdense que non estaba fino a hora de xogar coas distancias defensivas e conquistar os espacios que deixaba a defensa local .O sistema 3:3 do Remax Riazor na fase inicial non estivo atinado , ainda que se recibiron poucos goles , o engranaxe non estaba a ser o correcto , ainda así hai unha gran mellora respecto a encontros anteriores.

A falta de 10 minutos a ventaxa non era excesiva pero foi incrementando un pouquiño máis ata chegar aos 5 goles, una renta que daba tranquilidade na fase ofensiva .O sistema 3:3 estaba a xerar moitas dudas ao equipo local , que menos en accións de 1x1 non eran capaces de superala.

Resultado ao descanso: Prefabricados Faro Bm Lalín 11- Bm Culleredo Remax Riazor 16

Na segunda metade o Remax Riazor saiu moito máis entonado , sobretodo a nivel defensivo onde todas aportaron con brillantez. O traballo semanal estaba a evidenciarse na pista, as axudas os desprazamentos, o xesto defensivo estaba presente, e cando estes factores sumanse na pista, algo de máxia sempre xurde. Na fase ofensiva o equipo estivo moito máis fino , o xogo colectivo e disciplinada con accións simples estaba a dar rédito ao equipo cullerdense. A diferencia acrecentouse nos últimos 10 minutos onde o Remax Riazor disfrutou coa victoria . Unha victoria que ten moito valor , non é doado e custa moito obter os 2 puntos neste campionato ligueiro , hai que valorar as pequenas cousas pero tamén as grande, e unha victoria sempre é un acontecemento grande.

Noraboa pola victoria e sobretodo polo traballo semanal que é esencial de cara a mellora a longo prazo .

Resultado ao final do encontro : Prefabricados Faro Bm Lalín 24- Bm Culleredo Remax Riazor 35.

Prefabricados Faro Bm Lalín (11+13): Iris Martin , lucia Quintela, Lara Rodriguez, Icia Senra, Manuela Ferreiroa, Flavia Vilariño, Amelia Mendez, Manuela Abades, Lucía Lalín, Noela Gonzalez.

Bm Culleredo Remax Riazor(16+19): Aldara Allegue, Candela Tizón, Aroa Bestilleiro, Sabela Lamas, Olivia Pan , Salma Martinez,Andrez Muños, Uxía Seoane, Elena Aneiros, Sofia Orge, Daniela Manteiga, Lucía Peña.

Parciais cada 5`: 2-3/5-5/6-9/9-12/11-16/16-20/18-23/19-27/22-31/24-35

Colexiado:Esteban Díaz y Sara Gómez

Incidencias: Xornada 6 da liga ouro infantil femenina, disputado no pavillón Lalín Arena.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *