Saltar ao contido

DA DESVENTAXA AO TRIUNFO NUN ENCONTRO VIBRANTE

Viaxaba o Sutenor a Lalín coa sensación de que lle agardaba un partido duro, deses que esixen concentración dende o primeiro minuto. O pavillón lalinense, sempre intenso e ruidoso, anticipaba un choque de máxima tensión entre os dous equipos . Dende o quecemento notábase no ambiente que o encontro non sería doado: ritmo alto, defensa férrea e un rival que non regalaría absolutamente nada.

O inicio do encontro tivo moita igualdade , O Sutenor cun planteamento defensivo 5:1 conseguía defensas de larga duración unhas veces con éxito e outras encaixando gol por despistes de responsabilidade individual .As situacións de abrir a defensa cullerdense non estaban a crear desvaraxuste no sistema defensivo pero si o Lalín conseguía o gol que é o que importa. Na fase ofensiva no inicio nono estivo acorde co plan de partido. O balón circulaba lento e os golpes francos favorecían a defensa local . Según avanzaba o encontro o Lalín conseguía pequenas ventaxas e logo despois dun tempo morto por parte de Sutenor , o equipo cullerdense cambiou a intensidade , a dinámica foi outra, pero non estaba a ser moi regular e isto volvia a darlle folgos ao equipo local que estaba a ser moito máis preciso na fase ofensiva e máis expeditivo na parte defensiva. Aínda así a diferencia non era tanto a niveis xerais sobretodo na fase defensiva. 18 goles encaixados son moitos pero as accións defensivas eran correctas con alguna excepción, que o rival o aproveitaba. O Sutenor puido acortar a diferencia nos últimos intres da primeira metade onde encaixou demasiados goles .

Resultado ao descanso : Upi Informática Lalín 18 - Bm Culleredo Sutenor 15

Na segunda parte, o cambio defensivo ao 6:0 foi totalmente determinante para que o Sutenor puidese iniciar a remontada. A nova disposición atrás deu máis solidez, pechou o centro da defensa e obrigou ao rival a recorrer a lanzamentos máis incómodos. As axudas defensivas e a agresividade convertéronse no sinal de identidade do equipo.

No apartado ofensivo, o equipo non estivo especialmente fino: faltou precisión nos últimos metros e algunhas accións quedáronse a medio camiño. Aínda así, a intensidade e a paciencia foron suficientes para atopar os goles necesarios e manter a renda mínima ata o final.Unha renda mínima que tivo que facerse efectiva na última acción defensiva, o equipo forzou un lanzamento dende unha zona de menor efectividade, provocado polo desequilibrio do atacante, e conseguiu recuperar o balón cando restaban apenas dez segundos de encontro. A combinación dunha defensa máis compacta permitiu que o Sutenor acabara completando unha remontada tan sufrida como merecida..

Noraboa polo encontro, o esforzo e a valentía foron determinantes para poder obter o triunfo . Agora toca traballar estas dúas semanas para poder cohesionar os patróns ofensivos que están a ser unha das debilidades neste comezo de tempada.

Resultado final: Upi Informática Lalín 28- Bm Culleredo Sutenor 29

Upi Informática Lalín(18+10):Claudia Munín , Carmen Vázquez, Salvora Vilariño, Celia Vázquez, Daniela Perez, Candela Gutierrez,Ana Taboada, Lia Souto , Alicia Quintela, Agar Vázquez, Martina Wolfswinkel

Bm Culleredo Sutenor (15+14):Sara Fernández, Aldara Allegue,Uxía Seoane, Elena Aneiros, África Gómez,Aitana Gestal , María Otero, Noa Otón,Thais Villaverde, Lola Romero, Claudia Soto, Rosalía Veiga y Sara Villar.

Parciales cada 5`: 3-2/7-7/11-8/13-11/17-12/18-15/19-17/20-21/23-24/25-25/25-26/28-29

Colexiado : Ari Pacheco y Juan Carlos Amedo

Incidencias : Xornada 6 da liga Ouro cadete femenina, disputado no pavillón Lalín Arena.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *