Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO PERMÍTESE SOÑAR

Enlace Do Partido: (SM) BM Culleredo - Balonmano Ingenio

Onte, o BM Ingenio canario, segundo clasificado do Grupo A da Primeira División Nacional, visitou o Pavillón Deportivo Municipal de Tarrío, un conxunto que pode presumir dun potencial excepcional. O BM Culleredo recibía, sen dúbida, a un dos mellores equipos da liga, un plantel con posibilidades reais de alcanzar os playoffs de ascenso á División de Honra (DHP) ao final da tempada regular. Non obstante, o Culleredo, que chegaba nun excelente momento de forma con dúas vitorias consecutivas e unha cómoda posición na clasificación, estaba ansioso por afrontar esta esixente proba coa máxima ambición, co obxectivo de converter a súa cancha nunha fortaleza. Os primeiros compases do partido foron moi disputados, ata que, preto do meridiano da primeira parte, o equipo local comezou a adiantarse e crecer no seu xogo, aumentando gradualmente a súa vantaxe a medida que avanzaban os minutos cara ao descanso. Ao final dos primeiros trinta minutos, con dúas xogadas finais que levantaron a os siareiros dos seus asentos, o Culleredo dirixiuse ao túnel de vestiarios coa súa maior vantaxe (17-13), un resultado que xeraba as esperanzas locais cara a segunda metade. O equipo insular veríase obrigado a reaccionar, pero o BM Culleredo continuaría a amosar consistencia e compostura en defensa, o que lles deu moita confianza e unha cómoda remanente grazas á súa vantaxe. Entre os minutos corenta e corenta e cinco, o equipo finalmente rompería o partido cun parcial de 4-0, ampliando a súa vantaxe a sete goles (26-19). A sorpresa relativa de que o BM. Culleredo puidese derrotar a un formidable BM. Ingenio, convertíase nunha posibilidade moi real, non só polo marcador, senón tamén polo seu dominio en cada fase do xogo. No tramo final, o ataque posicional tivo que adaptarse á presión individual que agora aplicaban os canarios como último recurso, e foi aí onde o brazo de Roi García e o excelente traballo de Oscar e Marco na portería entraron en escena, frustrando as poucas oportunidades de remontada coas que os xogadores do BM. Ingenio podían soñar. Con estes dous puntos, o BM. Culleredo chega aos 14, a mesma cifra que tivo en toda a liga a tempada pasada. Os culleredenses ademáis, ascenden a sexta praza, empatados ca AD.Carballal, que ocupan agora mesmo a quinta e serán o seguinte rival do conxunto de Culleredo. Ca derrota do Teucro esta fin de semana, o BM.Culleredo pode incluso soñar con metas maiores, xa que se coloca a tan só dous puntos da cuarta praza.

BM.Culleredo: 38 (17+21). Oscar Bello (P) (2), Iván Sánchez (3), Marco González (P), Roi García (8), Mario Crecente, Xoán Canedo (1), Marco García (5), Alejo Martínez (2), Pedro Pereira (3), Henrique Traba (6), Nuno Loxo (2), Darío Pérez, Adrián Díaz (3), Carlos Costa (1), Marcos Regueiro (1), Juan Pereira (1).

BM.Ingenio: 30 (13+17). Domingo Castro (1), Bentor Deniz (2), Jon Ander Neketan (1), Robin Navarro (1), Xander Goez, Daniel Jesús Martín (12), Rafael Sánchez (1), Armando Santana (1), Carlos J. Sánchez, Aitor Sánchez (1), Rodrigo Ortega (10), Jordán Xerach, Michael Martín, Daniel Muñoz.

Parciais cada 5´: 2-2 / 5-5 / 7-6 / 11-8 / 14-10 / 17-13 / Descanso / 19-16 / 22-19 / 26-19 / 30-23 / 35-27 / 38-30 / Final. 

Colexiados: Martín Rodríguez e Diego Rivera.

Incidencias: 12ª xornada da temporada 2025/26 na 1ª nacional (Grupo A) . Partido disputado no municipal de Tarrío con cerca de un centenar de siareiros nas bancadas.

Fotos do encontro:

https://photos.app.goo.gl/3MUDASFvud2DAQ9x7

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *