Saltar ao contido

Nova derrota para un frouxo Ares y Fuertes

Recibían na mañá do sábado os nosos rapaces do Ares y Fuertes ao Cisne, un encontro que se prevía moi duro e no que os nosos precisaban de atopala súa mellor versión se querían puntuar.

O comezo do partido foi moi duro, cun Ares y Fuertes moi individualizado en defensa, donde a falta de axudas ante a superioridade física dos de Pontevedra nos fixo sufrir. Os nosos erros defensivos estaban a sair moi caros e na outra metade da pista, a defensa 5:1 do Cisne estaba a ser moi difícil de atacar para os nosos. A falta de xogo sen balón facíanos perdelas oportunidades que gañábamos e soamente conseguíamos éxito a partires de situacións individuais. Con todo esto chegaríamos ao descanso 5 goles abaixo no marcador, pero coa sensación de que se conseguíamos dar un paso adiante a nivel defensivo podíamos meternos no encontro.

A segunda parte comezaba algo mellor, parecía que ían aparecendo as axudas e en ataque había máis continuidade, chegando a finalizar con espazo dende as esquinas. Sen embargo, aos 10 min volveríamos á liña da 1ª parte e co marcador xa moi costa arriba remataríamos por baixalos brazos.

Toca aprender dos erros cometidos, traballar sen descanso esta semana e volver máis fortes para a nova xornada contra o Lalín!

Bm Culleredo Ares y Fuertes: 31 (15+16) Jorge García, Hugo, Pedro, Aitor, Jorge Serantes, Mauro, Nicolás, Roi, Marco, Pablo, Darío e Mario.

Club Cisne Colegio Los Sauces: 41 (20+21) Pedro, Sergio, Guillermo, Carlos, Ivo, Javier, Pedro, Juan, Izan, David, Joaquín, Leo, Marcos, Hugo e Fernando.

Árbitros: Martina Regueiro e Daniel González.

Incidencias: Partido correspondente á 6ª xornada da Liga Ouro infantil masculina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *