Saltar ao contido

Empate para un combativo Cristalería Gestal

Este sábado recibían os xogadores do Cristalería Gestal aos veciños do Atlántico nun encontro cunha considerable diferenza física a favor dos visitantes pero no que os nosos chegaban con un mellor xogo.

Comezaba o encontro e veríase unha clara superioridade dos nosos, que con situacións de xogo sinxelas conseguían desmontalo entramado defensivo dos visitantes. A partires das transformacións da 1ª liña e apretando á espalda do avanzado conseguíamos situacións de lanzamento dos nosos laterais ante defensores máis afundidos ou situacións moi abertas de 1x1.

Pola outra banda, a nivel defensivo, a pesares de estar facendo un bo traballo, estábamos a sufrir moito pola superioridade antropométrica e de niveis de forza dos rivais. Sen embargo, o traballo de impares por momentos daba os seus froitos e permitíanos acadar goles sinxelos en transición.

Co paso dos minutos a dureza dos contactos dos visitantes irían facendo mella nos nosos, que vían como o cansancio ía pasando factura e a renda, de ata 5 goles, se ía reducindo ata chegar ao empate final.

Bos momentos do Cristalería Gestal, ao que lle costa manterse regular durante o encontro, pero que continúa a dar pasos adiante!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *