Saltar ao contido

Importante triunfo nun mal encontro

O pasado Sábado disputouse un derbi local no municipal de Tarrío ante os veciños coruñeses do OAR Coruña.O calendario encadrounos na derradeira xornada da 1° fase ligueira con moito en xogo para os intereses dos coruñeses.

O inicio do encontro os xogadores culleredenses tomaron a dianteira rápidamente apoiados na dupla defensa-portería que permitía rápidas saídas ao ccontraataque.Os xogadores do OAR estaban a ser superados pola velocidade dos cullerdenses , pero no xogo posicional eran moi efectivos no xogo do 2x2 co seu pivote e conseguían estar metidos no encontro.Ainda así chegouse ao descanso con vantaxe de 5 goles para os nosos.

Despois do tempo de descanso o equipo cullerdense saiu ao 40 x 20 irreconocible.Sen ideas no ataque posicional e con pouca intensidade defensiva . Isto aproveitouno o OAR para recurtar distancias e chegar a poñerse a 2 goles que non foi a mais gracias a labor da nosa portería.Nos derradeiros 10 minutos os locais estiveron mais acertados no ataque e lograron coller cantaxe de 4 goles e rematar o encontro contranquilidade.

Balonmán Culleredo Galaico Caravaning.24( 15+9): Hugo Díaz, Iago,Hugo Bermúdez, Hugo Bregua,Jairo,Adrián, Fabián,Jorge Outón, Xoán, Teo Gómez, Teo López, Diego e Alexis.

OAR CORUÑA 1952. 20(10+10):Hugo,Diego,Javier,Iago,Sergio,Nicolás,Leo,Roi,Isayas,Matías, José e Pablo.

Colexiados: Pablo Torreiro e Paula Peteiro.

Incidencias: Derradeira xornada da 1° fase da liga prata ante un bo número de afeccionados locais e visitantes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *