
O pasado domingo recibían as cadetes do Canosa Abogacía ao Bm Atlántico.
O Culleredo que viña de facer un moi bo partido a fin de semana pasada, non iniciou este coa mesma intensidade nin concentración, isto supuxo moitos erros a nivel defensivo nas orientacións e nos bloques laterais - centrais, aínda que a medida que avanzaba a primeira parte unha serie de boas disuasións conseguían frear o ataque das rivais e subir o contraataque.
O ataque pola súa parte estaba a ser individualista e lento, non conseguindo mover o balón con fluidez debido a posición estática da maioría das xogadoras.
Resultado ao descanso: Bm Culleredo Canosa Abogacía 18 - Auga De Parada Atlántico 9.
A segunda parte iniciou con máis intensidade defensiva, as vasculacións pasaron factura nos primeiros minutos na zona central da 5:1, máis fóronse solventando a medida que transcurría esta metade. O ataque lograba finalizar con éxito nas xonas centrais da súa defensa grazas a constante presión a nosa central, o que permitía xogar a súa espalda.
Non foi un bo partido do Canosa Abogacía, sabedoras de que poden facelo moito mellor e de que son capaces de ter moita máis intensidade. Aínda así o partido foi de menos a máis. Esta semana toca traballar moi duro e concentradas nas próximas rivais, as rapazas do Xiria, coas que van empatadas a puntos e o próximo fin de semana desputarán o último encontro desta primeira fase.
Resultado ao final: Bm Culleredo Canosa Abogacía 36 - Auga De Parada Atlántico 20.
Parciais cada 5´: 2-1/3-2/9-4/11-4/16-7/18-9 // 22-11/23-14/28-15/32-17/35-19/36-20.
Bm Culleredo Canosa Abogacía: Alba Romero, Aroa Martínez, Carmen García, Cintia Míguez, Elena Aneiros, Eva Outón, Helena Portas, Sara Villar, Simona Seo, Sofía Meijide, Sofía Orge.
Auga De Parada Atlántico: Erika Larrea, Elena Gil, Julia Uzal, Amalia Vilela, Daniela Martínez, Aroa Vilariño, Sabela Rey, Elena Romero, Ana Gajate, Mara Crego, Celia Hermida, Adriana Salgado, Aurora Galán.
Árbitro: Luis D. Arias.
Incidencias: Xornada 6 da Liga Prata Cadete Feminina (grupo D), disputado no Pavillón Municipal de Almeiras.
