
Partido moi bo dos nosos rapaces do Óptica Gallaecia, que tiñan que medirse aos veciños do Atlántico nun encontro que se prevía compricado.
Comezaban os nosos o encontro moi concentrados e coas ideas claras do que debiamos facer para superala defensa 5:1 visitante, xogando de forma ordeada a partires das transformacións da 1ª liña conseguíamos chegar ou ben a situacións de lanzamento exterior coa defensa moi afundida ou a situacións de 1x1 a partires das que podíamos desequilibrar facilmente e dalas continuidades pertinentes.
A todo isto sumábaselle a capacidade de tomar decisións nas situacións de 2x2 cos pivotes e conseguíamos xerar moi boas situacións de lanzamento.
A nivel defensivo estábamos algo máis exisidos, comezando moi separados e sufrindo en situacións de 1x1 polo noso mal posicionamento, pero co paso dos minutos irían os nosos corrixindo erros ata finalmente chegar a defender moito máis xuntos e gañando moitos máis 1x1.
O partido estivo dominado de principio a fin polos nosos, que cando os rivais se adaptaban a defendelas transformacións da 1ª liña, comezamos a xogalas transformacións de extremos, conseguindo tamén finalizar de forma exitosa!
Moi bo encontro dos nosos, no que fomos de menos a máis pero sen perder nunca o control do mesmo. Seguimos dando pasiños na dirección correcta!
Bm Culleredo Óptica Gallaecia: 41 (22+19) Ian, Oliver, Jorge, Darío, Nicolás Morís, Xabier, Mateo, Adrián, Pablo, Iker e Nicolás Iglesias.
Bm Ribadosar: 28 (11+17) Antón, Julia, Mateo, Lautaro, Xoel, Daniela, Sabela, Fernando, Martina, Jorge, Celia, Xan e Aurora.
Árbitro: Luís Daniel Arias Álvarez.
Incidencias: Partido correspondente á 6ª xornada da Liga Prata infantil masculina.
