Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Previa da Xornada 23.11.25

SENIOR

Este próximo sábado, o Bm Culleredo desprázase a Lalín para afrontar a décimo primeira xornada da 1ª Nacional. Será ás 19:00h no maxestuoso Lalín Arena e os cullerdenses chegan coa ilusión de volver puntuar fóra de casa e conseguir establecerse nesa zona na que os equipos empezan a coquetear coa posibilidade de aspirar a algo máis. A tarefa contémplase esixente ante un conxunto dezán sempre competitivo e que actualmente se sitúa por baixo do seu rival na táboa clasificatoria. Os xogadores do Bm Culleredo, son sabedores de que conseguir os dous puntos en xogo pasa por raiar a un excelente nivel en tarefas defensivas e impoñer o ritmo que máis lles convén en todo momento, sen precipitacións nin erros non forzados.

XM - GALAICO CARAVANING

O sábado ás 11:30 terá lugar a derradeira xornada da 1° Fase da Liga Prata. Os nosos rivais serán os coruñeses do OAR .

O partido amósase complicado para os intereses cullerdenses xa que xogamos ante un dos rivais duros da competición. Se queremos acabar invictos esta fase tenemos que facer as cousas moi ben na defensa para poder anular o xogo do 2x2 e as accións de 1x1 que dominan os xogadores do equipo coruñés.

Espérase un encontro disputado e vibrante entre dous equipos que se coñecen moi ben, e onde ambas escuadras loitarán por levarse os 2 puntos do derbi local.

CM - DESPREOCÚPATE.ES

O próximo sábado ás 13:00h, o Bm Culleredo Despreocúpate.es, terá a oportunidade de resarcirse da derrota da pasada semana en Cangas e, deste xeito, volver á senda da vitoria fronte a un rival directo polos postos altos da táboa clasificatoria. O Club Cisne Colegio Los Sauces, será o rival a bater, e parece moi evidente que os cullerdenses deberán de elevar a súa intensidade competitiva e as prestacións defensivas para superar a un bo equipo. O encontro disputarase no Municipal de Almeiras ás 13:00h do próximo sábado.

CF - CANOSA ABOGACÍA

Este próximo domingo as cadetes do Canosa Abogacía xogan de novo en casa, esta vez recibindo ao Atlántico nesta recta final da 1ª Fase da Liga. Neste punto a intensidade defensiva será moi importante e a solvencia ofensiva clave para seguir mellorando e optando a ese primeiro posto.

O partido será á 13:00 no Pavillón Municipal de Almeiras.

CM - CRISTALERÍA GESTAL

Queren os nosos rapaces do Cristalería Gestal redimirse do frouxo encontro anterior, sabemos os problemas existentes a nivel defensivo e estamos no camiño para solucionalos, sen dúbida a desta fin de semana será unha boa proba para ver se seguimos avanzando!

IM - ARES Y FUERTES

Trala dura derrota en Cangas, reciben os nosos a un novo e duro rival, o Cisne. Un rival que nos exisirá ao máximo e contra o que debemos amosar unha maior intensidade se queremos ser quen de levarnos o encontro. Sen dúbida o partido decidirase na nosa defensa, onde debemos estar moi xuntos e predispostos a axudar se queremos frealas boas situacións individuais dos de Pontevedra.

IM - ÓPTICA GALLAECIA

Reciben os rapaces do Óptica Gallaecia ao Atlántico tras unha serie de encontros irregulares. Buscarán os nosos atopar esa estabilidade e xogar de forma ordeada e intensa para poder seguir crecendo e competindo!

FORZA CULLE!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *