Saltar ao contido

O bo traballo do Óptica Gallaecia vese empañado por unha mala 2ª parte

Recibían este domingo os nosos xogadores do Bm Culleredo Óptica Gallaecia en Tarrío aos veciños do Club Bm Abegondo. Chegaban ambos equipos a este encontro con diferentes obxetivos, os nosos buscaban seguir dando pasiños no crecemento individual e colectivo que precisamos e o Abegondo precisaba da vitoria.

Comezaban os nosos moi serios, atacando a cerrada 5:1 dos visitantes con moito orde a partires das transformacións dos nosos laterais. Con situacións de 1x1 abertas trala transformación ou 2x2 co xogador transformado, conseguían os nosos xerar perigo e achegarse á portería rival de forma frecuente.

Os visitantes non deixaban de explotala súa superioridade física, coa que nos facían sufrir constantemente pero mentras ían aparecendo as axudas e as situacións de presións impares, puidemos manternos dentro do encontro e competir.

Sen embargo, nos derradeiros minutos do 1º tempo comezou a aparecela precipitación e con ela os erros que os visitantes non desaproveitaban, poñendo o 11-19 ao descanso.

Comezaba a segunda parte e as présas por tentar recortala diferenza xunto coa falta de "gasolina" foron unha mala combinación, que xeraba a aparición de moitas máis pérdidas de balón e de situacións non ventaxosas para os nosos. Con todo isto o Abegondo aproveitaba para poñer terra de por medio e cerralo encontro cun abultado marcador.

Dura derrota para os nosos que nos debe servir para seguir aprendendo a xestionar diferenzas no marcador, momentos de presión, frustracións e moitos máis detalles que estos rapaces irán dominando co paso dos encontros. Toca seguir traballando, ser pacientes e seguir crecendo!

Bm Culleredo Óptica Gallaecia: 21 (11+10) Ian, Óliver, Jorge, Darío, Nicolás Morís, Xabier, Mateo, Adrián, Pablo, Íker e Nicolás Iglesias.

Club Bm Abegondo: 42 (19+23) Matías, Eloi, Hugo, Antón, Saul, Xabier, Rodrigo, André, Yago e Martín.

Árbitro: Jorge Sánchez.

Incidencias: Partido correspondente á 5ª xornada da Liga Prata infantil masculina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *