Saltar ao contido

O Ares y Fuertes vese superado en Cangas

Desprazábase o pasado sábado o Bm Culleredo Ares y Fuertes a Cangas a enfrontarse ao Luceros, equipo que contaba todos os encontros da tempada por vitorias. Chegaban os nosos ao encontro 1 punto por debaixo e con ganas de gañar para poñerse líderes da competición.

Comezaba o encontro moi mal para os nosos, cun ritmo moi superior dos locales, que tiñan as ideas moi claras e en fronte un Ares y Fuertes ainda moi dormido e cometendo erros impropios deste equipo o que permitía que os locais rapidamente se escapasen no marcador.

Tempo morto dos nosos e comezábamos a reaccionar, comezaba a aparecer o xogo sen balón en ataque, con moitas máis respostas e claridade na toma de decisións, o que freaba a sangría interior e transmitía xa a sensación de poder competir cos de Cangas. A nosa defensa, ainda que seguía a estar moi individualizada, comezaba a ter éxito na presión das liñas de pase e conseguíamos forzar erros que nos permitían correr e pensar en acercarnos no marcador, pero a intensidade e efectividade dos cangueses mantíñanos 6 goles abaixo ao descanso.

No arranque do segundo tempo, conseguían os nosos recortar un pouco as diferenzas, con unha rápida circulación de balón que nos permitían gañar numerosas accións nas zonas exteriores, unha mágoa que non estivemos o suficientemente efectivos para acercarnos máis. Unha vez máis, os cangueses amosaron que o seu pleno de vitorias non é froito da casualidade e foron quen de manter unha intensidade e un orde durante os 50 min, sendo superiores aos nosos.

Un duro encontro para os nosos, pero que dende logo serve para ver donde está o nivel de esixencia da tempada e para saber que necesitamos máis se queremos loitar polos grandes obxetivos que todo o grupo desexa para a tempada. Toca seguir rapaces, esto apenas comeza!

As Casiñas Luceros: 49 (23+26) Samuel, Alex, Hugo, Nicolás, Breogán, Xabi, Bruno, Leo, Tiago, Samuel, Alan, Xabi, Noel, Tristán e Noel.

Bm Culleredo Ares y Fuertes: 41 (17+24) Hugo, Pedro, Aitor, Darío, Jorge, Mauro, Nicolás, Roi, Marco, Pablo e Mario.

Árbitros: Inocencio Pérez e Irene Álvarez.

Incidencias: Partido correspondente á 5ª xornada da Liga Ouro infantil masculina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *