
O pasado domingo recibían as rapazas do Canosa Abogacía ao Club Bm Abegondo.
O partido iniciou con intensidade por parte de ambos equipos que sabían a importancia deses dous puntos para poñerse un por riva do outro na táboa. As rapazas do Culleredo saíron defendendo 6:0, e cunha gran sólidez na zona central lograban reducir as situacións ofensivas das rivais, obrigándoas en varias ocasións a finalizar en situacóns incomodas. O cambio a 5:1 xerou algo de inestabilidade polo que so se xogou en breves momentos do partido. Na faceta ofensiva non iniciaron moi acertadas nos lanzamentos (aínda que foron cambiando a dinámica), máis si que conseguían finalizar en penetración a través de certas xogadas.
Resultado ao descanso: Bm Culleredo Canosa Abogacía 18 - Club Bm Abegondo 11.
No inicio da segunda parte o Canosa saíu moi concentrado, sabendo a importancia de apretar e manter a distancia no marcador para non sufrir ao final. Mais a medida que avanzaba o partido houbo certos erros defensivos nas axudas e orientacións, permitindo penetrar as rivais, así como perdidas no ataque en pases que o Abegondo non dubidou en aproveitar para subir á contra. Aínda así, o cambio na defensa das rivais a 3:3 e 5:1 máis presionante, facilitou a chegada das nosas con éxito.
Moi bo partido das nosas cadetes do Canosa Abogacía, sobre todo a nivel defensivo, que as mantén no segundo posto, a falta de dous partidos para finalizar esta primeira fase da Liga Prata. O próximo partido será contra o Atlántico. Queda unha semana de moito traballo para seguir mellorando e dando pequenos pasos.
Forza Culle!!
Resultado ao final: Bm Culleredo Canosa Abogacía 29 - Club Bm Abegondo 25.
Parciais cada 5´: 3-3/4-4/9-7/11-9/14-11/18-11 // 19-13/21-15/24-19/24-20/26-22/29-25.
Bm Culleredo Canosa Abogacía: Aroa Martínez, Carmen García, Cintia Míguez, Elena Aneiros, Eva Outón, Helena Portas, Sara Villar, Simona Seo, Sofía Meijide, Sofía Orge, Uxía Seoane.
Club Bm Abegondo: Elena Carro, Carlota Fernández, Noa Moar, Sara Moar, Marta Faraldo, Lucía Gimenez, Sofía Candal, Daniela Andrade, Arianna Castelao, Sara Roel, Carla Suárez, Carla Barros, Sabela García, Aroa Patiño.
Árbitro: Jorge Sanchéz, Víctor Pérez.
Incidencias: Xornada 5 da Liga Prata Cadete Feminina (grupo D), disputado no Pavillón Municipal de Tarrio.
