Saltar ao contido

O REMAX RIAZOR NON PUIDO CONTRA O BM CANGAS

O Remax Riazor volvia ao súa pista para enfrontarse ao Bm Cangas, un equipo que está a ser moi regular no campionato ligueiro. As nosas con moita ilusión sairon a competir dende o primeiro momento , e asi o desmostraron nos primeiros 10 minutos onde incluso dominaron o electrónico , pero co paso dos minutos o Cangas fixose máis forte sobretodo na parcela ofensiva . Aínda que o Remax Riazor estivo acertado nas axudas defensivas o equipo rival estaba acertado de cara ao gol e abría una diferencia no marcador de 4 -6 goles. Compricabase o encontro para o Remax Riazor pero as sensacións eran que non tiraban o encontro de ningunha maneira, o equipo cullerdense seguía a loitar ata o final da primeira metade .

Resultado ao descanso: Bm Culleredo Remax Riazor 15- Gaspo Occident Bm Cangas 20.

Moitos goles encaixados por parte dos dous equipos , as propostas defensivas asi o marcaban , defensas abertas onde os espacios estaban a ser dominados polos ataques .

O Remax Riazor non paraba e conseguia interceptación e bos ataques na fase estática de xogo , pero non conseguía atinar ou subir o nivel na fase defensiva que estaba a ter moitos problemas coas axudas defensivas . A falta de 10 minutos o equipo cullerdense poñiase a 4 goles de diferencia, unha diferencia que podería reducirse e apretar o marcador pero non foi posible. Os úlitmos 10 minutos foron dominados polo equipo visitante que ampliou a ventaxa para levarse os dous puntos de Almeiras.

Resultado final: Bm Culleredo Remax Riazor 26- Gaspo Occident Bm Cangas 37

Bó encontro das nosas que siguen competindo , falta moitisimo para poder ser máis regulares , a cadea de axudas ten que estar moito máis automatizada , traballarase para iso . Pero faltan cousiñas, a coraxe grupal e as gañas de morder teñen que estar presentes sempre na camiseta de xogo . Moito traballo queda por diante , as nenas están a adestrar ben e iso marcará moito co paso do tempo .

Forza Culle.

BM Culleredo Remax Riazor(15+11): Aldara Allegue, Sabela Lamas, Andrea Muñoz, Olivia Pan , Aroa Bestilleiro, Candela Tizón , Sofia Orge,Salma Martinez, Elena Aneiros, Uxia Seoane.

Gaspo Occident Bm Cangas(20+17):Iria Cancelas, Estela Baston, Claudia Malvido, Lara Gallego, Sara Fernandez, Diana Iglesias, Elena Lopez, Noa Otero, Carla Melón , Barbara Lago, Maria Dacosta, Carla Bernardez.

Parciais cada 5`: 5-4/7-9/10-14/11-17/15-20/18-23/21-26/24-29/25-33/26-37

Árbitros: Uxía Mariño

Incidencias: Xornada 5 da liga infantil femenina liga ouro , disputada no pavillón de Almeiras Culleredo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *