Saltar ao contido

O FISIOTERAPIA BENESTAR DOMINA O ENCONTRO ANTE O POIO

Control de partido.... poderia dicirse que foi a nota predominante neste encontro da xornada 7 da liga de prata xuvenil femenina grupo B .

O Poio último clasificado do grupo visitaba ao lider , e o Fisioterapia Benestar xa coa lección aprendida en Arousa non concedeu nada xa nos primeiros minutos de encontro onde fixose o lider indiscutibel del. A defensa 5:1 estaba a crear moita seguridade ao equipo local e moitas dúbidas ao ataque rival .

O bloque defensivo estaba a ser moi solido en compacto , a funcionabilidade de cada xogadora estaba a ser correcta e iso daba moita confianza ao grupo . Grazas a isto sucedianse contras tanto en primeira coma en segunda oleada , puidendo chegar moi rápido e sen dar un respiro a defensa rival . A diferencia era alta pero o ritmo non se paraba .

Resultado ao descanso : Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 15 - BM Poio 8

Na segunda metade o Fisioterapia Benestar non baixou o ritmo e estivo moi concentrado sempre na parcela defensiva . Ainda que con pequenos erros que deben de correxirse no traballo semanal .

Na fase ofensiva quizáis por momentos moi individualista e anárquica o equipo solventou a problemática defensiva moito máis presionante que propoñia a defensa rival .

O equipo cullerdense estivo controlando o xogo de principio a fin que dá un pequeno paso máis na clasificación do seu grupo , no que se mantén lider absoluto . Noraboa.

Resultado final: Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 35- Bm Poio 18

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar:(18+17) Aldara Piñeiro, Claudia Regueiro, Lua Fernandez, Antia Ferreño , Leire Barbeito,Paula Peteiro, Luana Gomez, Rosalia Veiga, Claudia Soto, Lola , Daneila Perez,Romero,Carmela Erias.

Bm Poio (9+9): Abril Urbisaglia, Nayra Ouviña, Adriana Acuña, Candela Gonzalez, Nuria Caldas, Noelia Fernandez, Sara Victoria, Paula Fernández.

Árbitro:Victor Pérez.

Incidencias: Xornada 7 da liga de prata xuvenil femenina da liga prata grupo B disputado no pavillón municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *