
O Balonmán Culleredo Sutenor recibía ao Bm Cangas Instalaciones Parcero na pista poliderpotiva de Almeiras. Un encontro onde o Sutenor queria borrar os erros cometidos en Chapela sobretodo a nivel defensivo . Isto foi asi xa dende o primeiro momento , o grupo estivo máis compacto e sen xerar situacións claras de gol .Ainda así o Cangas co seu bó facer conseguía o éxito do gol . A defensa 5:1 proposta polo Sutenor estaba a ter un bói rendemento . En 15 minutos se habían recibidos 7 goles. Quizáis nesta ocasión se estivo un pouquiño máis desarcetado na fase ofensiva a hora de fixacións e tamén na finalización pero o xogo era correcto , só hai que seguir precisando e iso verá co paso do campionato ligueiro.
Resultado ao descanso : Bm Culleredo Sutenor 19-Instalaciones Parcero Bm Cangas 15
Na segunda metade o equipo visitante axustou ata un gol nos primeiros 5 minutos sobretodo aproveitandose das pérdidas de balón do equipo local e saindo o contrataque . Despois dun periodo de igualdade o Sutenor conseguía realizar defensas largas conseguindo solidez defensiva e aportando tranquilidade na fase ofensiva . Es tranquilidade daba pequenas ventaxas no electrónico , ainda que co paso dos minutos e presión defensiva do equipo visitante esa tranquilidade trasladabase a ter accións moi imprecisas , tanto en lanzamentos coma en tomas de decisión ,isto provocaba que o equipo visitante non se relaxara e loitara o encontro ata o final . Quizáis os lanzamentos errados nos ultimos parciáis puideron cambiar o sentido do encontro , tanto para cerralo antes de tempo coma para axustarlo moito máis, as porteiras nesta ocasión estiveron acertadas e mativeron os seus respectivos equipos na loita polo encontro .
Resultado final ;: Bm Culleredo Sutenor 31- Instalaciones Parcero Bm Cangas 28
Un partido moi sufrido por parte do Sutenor pero recordando cal era o espiritu de como comezou todo . Cada ano todo se axusta máis e o pequenos detalles son moi importantes a hora de competir ata o final .
Bo encontro das nosas, que volven a victoria nun encontro onde o rival demostrou que vai competir contra calquera equipo e un Sutenor que quere seguir dando guerra sexa contra que sexa.
Forza Culle.
Bm Culleredo Sutenor(19+12): Sara Fernández, Helena Portas, Maria Otero, África Gómez, Aitana Gestal , Noa Otón, Rosalía Veiga, Claudia Soto, Alba Fernadez, Thais Villaverde, Lola Romero, Sara Villar.
Instalaciones Parcero Bm Cangas:(15+13):Daniela Gomez, Erika Jimenez, Lola Fernandez, Aitana Lorenzo, Nerea Marcos, Carla Fandiño, Sara Garcia, Dafne Grygar, Carla Melón, Bárbara Lagoa, Carla Gonzalez
Árbitros: Uxía Mariño
Incidencias: Xornada 5 cadete feminina da liga ouro disputado no pavillón de Almeiras en Culleredo
