
O BM.Culleredo Cristalería Gestal, non puido impoñerse ao Club BM.Abegondo na liga Prata cadete masculina e acabou por ceder os dous puntos en xogo ante un conxunto que se mostrou moi superior, especialmente no segundo acto. Os cullerdenses foron a remolque desde o inicio, cunha defensa pouco intensa e nada contundente. Os espazos entre postos lindeiros eran inmensos e facilitaban os 1x1 de xogadores de maior talla e peso. As axudas, inexistentes, regalaban camiños cara á portería defendida por Xurxo en primeira instancia e Fran en segunda e as dificultades facíanse máis grandes co paso dos minutos. O BM.Culleredo Cristalería Gestal, mantíña as diferencia curtas no electrónico, especialmente con situacións individuais na fase do ataque posicional (15-17 minuto 25), pero un 2-6 nos últimos cinco minutos do primeiro acto, establecía a máxima diferenza para que os foráneos se fosen cunha cómoda vantaxe no tempo de descanso (17-23). Na continuación, o partido acabaría por decantarse de forma moi evidente para o equipo de Abegondo e é que a medida que a fatiga facía a súa aparición, a distancia entre un e outro equipo acrecentaríase. Á inoperancia defensiva, sumábanse agora os erros en ataque, que, incorrendo unha e outra vez en situacións anárquicas, ofrecían toda a vantaxe ao Club BM.Abegondo na transición tras perda. Os cullerdenses deixábanse ir, a tal punto de mostrar un deficiente balance defensivo que facilitaba múltiples 1x0 ante a portería defendida por Fran Hermo. Os algarismos e parciais, aumentaban neste derradeiro tramo favorables a un equipo envorcado que conseguía derrotar a os de Culleredo.
Bm Culleredo Cristalería Gestal: 31 (17+14). Fran Hermo (P), Xurxo Méndez (P), Javier Orge, Anxo Blanco, Pablo Fraguela, Hugo Jiménez, Roi Palmeiro, Aarón Beade, Antón Méndez, Jacobo Soto, Samuel Costa e Guillermo Blanco, Beltrán González-Camino.
Club BM.Abegondo: 52 (23+29). Hugo Villar, Mateo Mesías, Román Fdez, Roque López, Teo García, Luque Verdemas, Breixo Reigosa, Anxo Martínez, Matías Candal, Sergio Moscoso, Asier Fdez, Rodrigo Núñez.
Árbitros: Jorge Sánchez.
Incidencias: Partido correspondente á 5ª xornada da primeira fase (Grupo D) na Liga Prata cadete masculina. Encontro disputado no municipal de Tarrío con siareiros de ambos os conxuntos nas bancadas.
