Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO, RECUPERA SENSACIÓNS CUNHA NOVA VITORIA

Enlace Do Partido:

(SM) BM Culleredo - Saeplast BM Cañiza

O BM.Culleredo, recuperou o sorriso cunha nova vitoria en 1ª nacional e desposuíuse das malas sensacións que deixara no seo da plantilla o partido da pasada semana en Vigo. Non foi un encontro brillante por parte dos cullerdenses, pero suficiente para mostrarse superior ao seu rival e establecerse de novo na parte media da táboa, empatados a puntos co 7º e 9º clasificados. A mellora defensiva foi vital para enfilar o camiño da vitoria, moito máis intensos e mostrando mellores intencións, tanto individuais como colectivas, que hai sete días. A todo iso, sumóuselle a velocidade nas transicións, que foi esencial para romper a igualdade entre o minuto quince e vinte, cun parcial gañador de 5-2. A cómoda diferenza establecida nese momento (11-6), serviría para xogar con moita máis tranquilidade e irse dominando ao descanso por un esperanzador 16-11. Aínda que na segunda parte o BM.Culleredo non pasaría apuros, nunca se puido relaxar ante un conxunto combativo e necesitado de puntos. A diferenza, que se establecería máxima en sete goles de vantaxe, non conseguiría ampliarse debido a varias razóns e é que os múltiples fallos de lanzamento, algúns descoidos defensivos e erros non forzados, impedirían a tranquilidade ata os últimos minutos de xogo. Finalmente, o BM.Culleredo lograba os ansiados dous puntos para recuperar o ánimo e as sensacións de fronte ao próximo partido que disputarán a domicilio en Lalín.

BM.Culleredo: 29 (16+13). Xoán Varela (P), Oscar Bello (P), Adrián Díaz, Marco García, Carlos Costa, Alejandro Gómez (8), Mario Crecente (8), Henrique Traba (1), Darío Pérez, Iago Ferreiro, Iván Sánchez (2), Nuno Loxo (1), Nicolás Casal (1), Marcos Regueiro (3), Alejo Martínez (3), Juan Pereira (2).

Saeplast BM.Cañiza: 24 (11+13). Iván Capelo, Allan Magno (3), Daniel Lusquiños (3), Francisco Hernández (2), Paulo Dacosta (2), Manuel Fdez (4), Iván Plaza, Luciano Nicolás Flores (2), Marcos Pequeño (1), Gabriel Domínguez, Cristian Canosa (7), Jesús Rivera.

Parciais cada 5´: 1-1 / 2-2 / 6-4 / 11-6 / 15-9 / 16-11 / Descanso / 19-15 / 22-19 / 25-21 / 27-21 / 28-23 / 29-24 / Final. 

Colexiados: Cesar Díaz e Pablo Manuel Barreiro.

Incidencias: 10ª xornada no grupo "A" da 1ª nacional masculina. Partido disputado no pavillón municipal de Tarrío con un centenar de siareiros nas bancadas.

Fotos Do Encontro:

    1. https://photos.app.goo.gl/YzmrcuYx4auuNruaA

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *