
Enlace do partido:
LIGA OURO CADETE MASC. X5 | Disalmo Luceros - BM Culleredo Despreocupate | Sábado 15 13:00h
O BM.Culleredo Despreocúpate.es, viaxaba o pasado sábado a Cangas coa ilusión de conseguir o liderato da liga oro en disputa co seu adversario, o Disalmo Luceros. Os cullerdenses, eran sabedores da esixencia de tal obxectivo, pero ambicionaban estar ao mellor nivel os sesenta minutos para conseguir levarse o duelo de invictos. As dificultades impostas polos locais no seu ataque, foron determinantes, xa que os de Culleredo, non puideron frear o xogo do seu rival en ningún momento, mostrándose moi brandos na retagarda e sen respostas nas axudas. Aínda que o problema defensivo é algo recorrente neste equipo, ata o de agora puidera resolver os seus compromisos grazas á solvencia no posicional e na transición, pero ante un conxunto tan completo como o do Morrazo, sería insuficiente. A intensidade defensiva era baixa e o ritmo de pernas escaso, situacións que derivarían en claras exclusións por utilizar os brazos en exceso. Isto veríase agravado pola falta de axudas e o BM.Culleredo Despreocúpate.es, comezaría a remolque o envite. Con todo, o equipo estaba a ser disciplinado no posicional, xogando con sentido e demostrando eficacia para a portería rival. Esta clarividencia no ataque, máis o bo facer en portería, sería o que mantiña ao equipo no partido e así, chegábase ao tempo de descanso cun marcador de 20-16 e o BM.Culleredo dentro no partido. Na segunda parte, é onde se acabaría por romper definitivamente o encontro e é que aos problemas defensivos, agudizados pola aparición da fatiga e as múltiples exclusións, engadíase agora o xogo anárquico e individual no posicional, xa sen ideas nin continuidade de balón. Todo iso terminaría por rematar nun coctel explosivo que daba moitas facilidades ao conxunto de Cangas, que en transicións rápidas finiquitaba o envite con solvencia (41-29).
Disalmo Luceros: 41 (20+21). Marcos Cordeiro, Adrián Mallo, Mateo Rosales, Sergio Costas, Saul Paredes, Simón Hernández, Iván Freire, Xabier Gallego, Beltrán González, Mateo Lago, Telmo Mille, Xoel González, Jorge Varela, Salvador Vidal, Antón Oliveira, Isidro García.
Bm Culleredo Despreocúpate.es: 29 (16+13). Mateo Basanta (P), Xurxo Méndez (P), Martín Casal, Mauro Fdez, Antón Rodríguez, Isaac Lorenzo, Javier Orge, Teo Gómez, Alex Soto, Alexis Martínez, Iván Gantes, Guillermo Blanco, Jacobo Soto.
Parciais cada 5´: 5-3 / 8-7 / 11-9 / 15-11 / 17-13 / 20-16 / Descanso / 24-17 / 29-19 / 33-21 / 36-24 / 38-26 / 41-29.
Colexiados: Inocencio Pérez e Irene Álvarez.
Incidencias: Partido correspondente á 5ª xornada da Liga Ouro disputado no pavillón de O Gatañal, en Cangas do Morrazo. Boa entrada con ampla representación de siareiros de Culleredo.
