Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Previa da Xornada 16.11.25

SENIOR

Este próximo sábado ás 19:30h no Municipal de Tarrío, o Bm Culleredo recibe ao Saeplast Cañiza na que será a décima xornada de 1ª Nacional.

Os cullerdenses, deben de resarcirse da derrota da pasada fin de semana en Vigo e, sobre todo, do mal xogo plasmado na 2ª parte dese encontro. Os cullerdenses deben de volver á senda da vitoria e facelo ademáis con bo xogo e dando unha boa imaxe. A intensidade defensiva marcará o camiño do que poida ofrecer o Bm Culleredo, que afronta un partido moi importante para as súas aspiracións futuras.

XM - GALAICO CARAVANING

Esta fin de semana o noso equipo xuvenil visita a pista do Sanxenxo Balonmán. O encontro terá lugar o domingo á 13:00.

Partido entre dous equipos que loitan por obxetivos ven distintos e así o reflicte a táboa clasificatoria. Os culleredenses intentarán seguir crecendo na faceta defensiva e na finalización dende lanzamentos en posicionamentos claros.

XF - FISIOTERAPIA BENESTAR

Un pasiño máis que quere dar o Fisioterapia Benestar. Para iso e coa experiencia da fin de semana pasada as guerreiras xuvenís non poden relaxarse e teñen que ir con todo para demostrar que son as líderes do grupo . Unhas líderes que o están a merecer polo sufrimento e traballo que están a ter cada fin de semana.

CM - DESPREOCÚPATE.ES

O sábado á 13:00h en O Gatañal de Cangas, disputarase un partido do máis alto da táboa na categoría cadete, o Disalmo Luceros (1º clasificado) e o Bm Culleredo Despreocúpate.es (2º clasificado) enfrontaranse nun duelo vibrante de invictos para dilucidar quen continuará comandando a clasificación.

Non será tarefa sinxela para un Bm Culleredo Despreocúpate.es, que terá a obriga de aumentar de forma notable as súas prestacións defensivas e, desde xeito, poder disputar os dous puntos a un conxunto que se está mostrando intratable neste comezo da competición. A solidaridade defensiva, a contundencia noscontactos e otraballo en conxunto, serán as craves para que os cullerdenses poidan dar a campanada.

CF - SUTENOR

Novo reto para as nosas cadetes do Sutenor que queren volver a senda da victoria , e para iso levan traballando moi duro a nivel defensivo . O esforzo e visible e as gañas de mellora son moi altas, tan só queda competir e loitar ata o final un encontro que novamente vai ser moi igualado.

CM - CRISTALERÍA GESTAL

Nova xornada para un Cristalería Gestal que vai collendo forma co paso dos encontros. Debemos reducilos espazos da nosa 5:1, mellorar a actuación da cadea de axudas e sobre todo reducilas perdas de balón en ataque. Vamos por bo camiño e é un bo partido para amosalo!

CF - CANOSA ABOGACÍA

Esta xornada as cadetes do Canosa Abogacía reciben ao Abegondo no que será un partido intenso de inicio a fin. Xa na recta final desta primeira fase, e solventando erros do inicio de tempada nestes últimos encontros, as rapazas do Culleredo están a traballar con moitas gañas e concentración para seguir no máis alto da táboa; para iso será moi importante a solvencia defensiva e a orde ofensiva.

IM - ARES Y FUERTES

Visitan este sábado os infantís do Ares y Fuertes a casa dos líderes da categoría, os de Cangas son esta tempada o equipo a batir e eso ten aos nosos moi motivados! Será un encontro moi difícil donde deberemos ser capaces de defender ao 100% se queremos ter opcións de levarnos os 2 puntos.

IF - REMAX RIAZOR

As miniguerreiras do Remax Riazor queren amosar un encontro diferente ao que foi a semana pasada en Carballlal. A predisposición está en crecemento e iso dirá moito das nosas a medio e largo prazo, pero agora toca seguir competindo nun encontro onde as infantís enfretaránse a un equipo que vai es ascenso.

IM - ÓPTICA GALLAECIA

O Óptica Gallaecia afronta esta xornada con gañas de resarcirse do partido anterior, onde saben que puideron sacar máis. Deberemos reducilos erros e estar moi xuntos en defensa para facer un bo papel.

FORZA CULLE!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *