Saltar ao contido

O Ares y Fuertes firma un bo encontro en Porriño

Afrontaban os nosos rapaces do Ares y Fuertes un difícil desprazamento a Porriño na loita por manterse nese 2º posto que ocupamos na clasificación. Chegaban os nosos nerviosos ao encontro, sabedores da dificultade desta pista e das dificultades pasadas nas anteriores xornadas.

Comezaban o encontro os nosos cun intercambio de golpes, con rápidas transicións e erros defensivos por parte de ambos bandos. Co paso dos minutos conseguían os nosos comezar a dominalos tempos do encontro, atopando moito éxito en situacións de 2x2 cos nosos pivotes. A nivel defensivo comezábamos a amosar máis agresividade, sendo moito máis incisivos nas liñas de pase e conseguindo numerosas recuperacións que nos permitían correr e poñelo 13-17 ao descanso.

Na reanudación o encontro seguiría na mesma liña, cun Ares y Fuertes lixeiramente superior e coas ideas moi claras. Serían estos primeiros 10 min os mellores de todo o encontro, atacando de forma acertada a cerrada defensa local, sempre difícil para os nosos e amosando que estos rapaces non deixan de crecer cada día.

Nova vitoria e toca seguir soñando con continuala racha actual para poder loitar por grandes obxetivos nesta tempada!

Balonmano Porriño A: 25 (13+12) Lucas, Samuel, Pedro, Adrián, Mario, Mateo, Jose, André, Roi, Roque, Izan.

Bm Culleredo Ares y Fuertes: 32 (17+15) Jorge, Marco, Leo, Pedro, Mauro, Nico, Darío, Roi, Pablo, Hugo, Mario, Aitor, Mauro.

Árbitra: Ainhoa Rodríguez.

Incidencias: Partido correspondente á Liga Ouro infantil masculina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *