
Desprazamento dos nosos cadetes do Bm Culleredo Cristalería Gestal a Santiago de Compostela para medirse aos do Ribadosar "A". Dende o inicio do encontro veríanse as dificultades dos nosos ante a ampla superioridade física dos locais, pero os cullerdenses loitaban cada balón. A nosa defensa 5:1 comezaba moi aberta, con falta de axudas, o que nos facía sufrir nos 1x1.
Na faceta ofensiva os nosos atacaban ben a 6:0 local, con unha rápida circulación de balón e respostando de forma adecuada, conseguindo desta forma situacións claras de lanzamento en penetración dos laterais en 1-2 ou situacións de lanzamento con espazo para os nosos extremos. Sen embargo, o descerto no lanzmento comezaba a lastrarnos e impedíanos acercarnos no marcador, pasando gran parte do encontro a unha distancia de 3-4 goles.
Na segunda parte volvía a romperse a nosa defensa, moi aberta e co cansancio acumulado do encontro sufríamos máis nos 1x1, permitindo moitas situacións de lanzamento en zonas centrais para os locais e deixando que sacaran xa rentas de ata 7 goles. O Cristalería Gestal non perdía os ánimos e seguía loitando, pero os erros seguíanse acumulando e remataban por gañar de 11 goles os locais.
Un novo partido de aprendizaxe para un Cristalería Gestal que continúa a medrar cada día.
Bm Ribadosar-Nave de Vidán: 38 (20+18) Zoltan, Iago, Tito, Rodrigo, Manuel, Jose, Juan, Marcos, Queitán, Martín, Anxo.
Bm Culleredo Cristalería Gestal: 27 (14+13) Xurxo, Antón, Beltrán, Aarón, Jacobo, Pablo, Anxo, Guille, Hugo, Roi e Samuel.
Árbitros: Nicolás Fernández.
Incidencias: Partido correspondente á Liga Prata cadete masculina.
