
Onte os rapaces infantís do Óptica Gallaecia desprazábanse a Ribeira.
O Óptica comezou o partido con erros ofensivos nas tomas de decisión ante a cerrada defensa 5:1 dos rivais, 6:0 por momentos, tratando de superar con 1x1 que non tiñan éxito e sen apenas ritmo de balón. Pola súa contra na defensa estaban a ser intensos e solidarios, recuperando unha serie de balóns coas axudas e interceptacións nos pases ao pivote. Estas axudas defensivas non foron suficiente por momentos na zona central, xa que a superioridade física dos do Ribeira facía compricado frealos.
Resultado ao descanso: Toxo Telecom Balonmán Ribeira 12 - Bm Culleredo Óptica Gallaecia 10.
No inicio da segunda metade o Ribeira apretou no ataque, e cunha serie de accións individuais conseguían superar de novo aos nosos e finalizar con claras ocasións de gol, máis os rapaces do Óptica non se deron por vencidos e a pesares de non conseguir achegarse no marcador, si que conseguiron reducir a distancia, traballando as axudas e sendo máis solidarios na defensa, levando ao pasivo o ataque dos rivais. No ataque os cullerdenses comezaron a ser máis disciplinados e lograban accións exitosas tralas transformacións de extremo e laterais e a continuidade rápida de balón, puidendo finalizar con lanzamentos dende o pivote e en penetración da primeira línea.
A pesares de non conseguir empatar o partido, ou de poñerse por riva do Ribeira en ningún momento, o Óptica foi de menos a máis e conseguiron solventar algúns erros e plantarlles cara, cunha boa actitude ofensiva na segunda metade. O proximo rival será o Club Balonmán Abegondo, polo que toca seguir traballando.
Forza Culle!!
Resultado ao final: Toxo Telecom Balonmán Ribeira 25 - Bm Culleredo Óptica Gallaecia 22.
Parciais cada 5´: 3-1/4-2/6-4/10-7/12-10 // 15-11/18-14/20-17/22-18/25-22.
Toxo Telecom Balonmán Ribeira: Marco Silva, Manuel Rivas, Jorge Álvarez, Pablo Moreira, David Ageitos, Jose Maria Vila, Hugo Gude, Andrés F. Moreno, Iván González, Erik Vidal, Dany Montero, Adrián Ageitos, Héctor Álvarez.
Bm Culleredo Óptica Gallaecia: Adrián Prado, Dario Barambio, Ian Lois, Jorge García, Leo Martínez, Mateo Peteiro, Nicolás Iglesias, Nicolás Moris, Pablo Cacheiro, Xabier Negreira.
Árbitro: Joaquín I. Oubiña.
Incidencias: Xornada 4 da Liga Prata Infantil Masculina (grupo D), disputado no Complexo Deportivo Municipal A Fieiteira.
