Saltar ao contido

BOA SEGUNDA PARTE DO CANOSA ABOGACÍA

Onte as rapazas cadetes do Canosa Abogacía desprazábanse a Ribeira.

O partido empezou cun Canosa moi relaxado, permitindo as rivais anotar os primeiros goles sen casi oposición. En ataque a pesares de estar logrando goles de xeito sinxelo o xogo estaba a ser lento e pouco estructurado por momentos.

Resultado ao descanso: Club Balonmán Ribeira 4 - Bm Culleredo Canosa Abogacía 15.

Tralo descanso as rapazas do Culleredo aumentaron o ritmo e intensidade, sendo máis sólidas en defensa e recuperando moitos balóns a través de interceptacións, o que permitía as transicións constantes. Houbo certos erros nos cambios de opoñente, ante unhas rivais pouco estructuradas en postos, máis conseguiron solventar a situación. No ataque aumentaron a intensidade e comezaron a seguir o modelo de xogo, conseguindo, cunha serie de pases e xogo colectivo, espazos para a penetración e incluso bastantes lanzamentos exteriores, estes últimos sen moito éxito.

Boa segunda parte das cadetes, ante un equipo que debuta nesta categoría, sendo o primeiro ano tamén de moitas das rapazas do Ribeira. Agora toca seguir traballando e esforzándose xa que a semana que ven espéralles un duro rival, o Club Balonmán Abegondo.

Forza Culle!!

Resultado ao final: Club Balonmán Ribeira 8 - Bm Culleredo Canosa Abogacía 36.

Parciais cada 5´: 2-3/2-4/2-7/3-10/3-12/4-15 // 4-17/5-22/5-25/7-27/7-30/8-36.

Club Balonmán Ribeira: Aida González, Sabela Carou, Marta Rey, Noa Piñeiro, Marta Pouso, Ainara Vila, Lola López, Saray Bonilla, Andrea Ferreiros, Ana Rivas, Mara Enriquez, Ana Fernández, Sofía Dios, Aitana Arosa, Paula Blazquez.

Bm Culleredo Canosa Abogacía: Alba Romero, Aroa Martínez, Carmen García, Cintia Míguez, Elena Aneiros, Eva Outón, Helena Portas, Sara Villar, Simona Seo, Sofía Meijide, Uxía Seoane, Yasmín Gabarri.

Árbitro: Joaquín I. Oubiña.

Incidencias: Xornada 4 da Liga Prata Cadete Feminina (grupo D), disputado no Complexo Deportivo Municipal A Fieiteira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *