Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES, SAE VICTORIOSO NUN ENCONTRO SEN DEFENSAS

Enlace do partido: CM - BM Reconquista de Vigo vs BM Culleredo

O BM.Culleredo Despreocúpate.es, continúa invicto despois de catro xornadas de liga e conta os seus partidos por vitoria para colocarse nos postos máis altos da táboa igualados a puntos co Librería Dalvi Lalín e o Disalmo Luceros de Cangas, o seu próximo rival. Con todo, a vitoria deste Domingo na difícil pista do BM.Reconquista de Vigo, non se conseguíu ata os instantes finais e con moito sufrimento, acusando ambos os equipos unha notable inoperancia defensiva, faltos de intensidade e de ritmo. A pasividade da retagarda, deixaría vendidos aos dous gardametas, que pouco podían facer ante a facilidade co que os ataques atopaban os camiños eficaces cara á liña dos seis metros. Un vergoñoso 23-24 ao termo dos primeiros trinta minutos, máis propio dun marcador final, poñía en evidencia a uns e outros na fase defensiva e deixaba o desenlace no aire cara á continuación. No segundo acto, pouco ou nada cambiaría, cos ataques superando nunha área e na outra e os equipos impoñendo o 1x1 e a conexión co pivote como eixo principal das súas solucións. Como non podía ser doutra maneira, o equipo que conseguíu sumar algún acerto defensivo no tramo final, foi o que quedou cos dous puntos en xogo e este non foi outro que o conxunto cullerdense, que cun par de interceptacións e de paradas meritorias de Mateo, abría unha pequena diferenza que acabaría por ser definitiva para seguir instalados no alto da clasificación.

BM.Reconquista De Vigo: 44 (23+21). Xian Álvarez, Tiago Oterino, Hugo Fdez, Mario Martínez, Javier Fdez, Jacobo Lamas, Diego Collazo, Anxo Rodríguez, Luis García, Diego Fdez, Samuel Iglesias, Xabi Ferro, Anxo Montilla.

Bm Culleredo Despreocúpate.es: 50 (24+26). Mateo Basanta (P), Xurxo Méndez (P), Martín Casal, Mauro Fdez, Antón Rodríguez, Isaac Lorenzo, Teo Gómez, Alex Soto, Alexis Martínez, Iván Gantes, Guillermo Blanco, Jacobo Soto.

Parciais cada 5´: 4-4 / 9-9 / 12-13 / 14-15 / 21-21 / 23-24 / Descanso / 28-30 / 31-33 / 34-35 / 37-41 / 39-45 / 44-50.

Colexiados: Iria Rivera e Valery Michelle.

Incidencias: Partido correspondente á 4ª xornada da Liga Ouro disputado no pavillón da Travesas, en Vigo. Boa entrada con ampla representación de siareiros de Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *