Saltar ao contido

O FISIOTERAPIA BENESTAR REACTIVASE EN AROUSA NUN ENCONTRO TRAMPA

O Fisioterapia Benestar visitaba por primeira vez o Pabellón de Carril para enfrontarse ao Arousa, un encontro quizáis a priori ¨fácil¨para as nosas cullerdenses pero con pormenores de que podería ser un encontro con engano .

De feito por dito e feito , o Arousa comezaba acertado de cara a porteria e serio en defensa . Unha defensa moi cerrada en 6:0 en moi forte no centro , onde as nosas non estaban a encontrar porta , e cando a encontraban, os lanzamentos non estaban a ser moi precisos. Non estaba a ser o mellor encontro das nosas sobretodo a nivel ofensivo . Minuto 15 o resultado era de 5-3 a prol das locais. Si que a nivel defensivo a 6:0 proposta polo equipo cullerdense estaba a crear problemas e quizáis en ataque o cambio de dinámica estaba dando moi xogo colectivo pero faltaba a eficacia na definición no lanzamento.

Co paso dos minutos e por un gran traballo disciplinado do Fisioterapia Benestar na parte ofensiva o equipo lograba darlle a volta ao marcador. A disciplina e o rigor tácitco sumábase a velocidade de balón dun lado a otro logrando situacións moi correctas para poder marcar gol .

Resultado ao descanso: Bm Arousa 9- Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 13

Na segunda metade e xa moi enchufado o Fisioterapia Benestar rompeu o encotro en apenas 10 minutos aumentando a diferencia a 9 goles. A defensa 5:1 estaba a propiciar recuperacións e contrataques. A actividades defensiva resxurdía , a agresividade, os desprazamentos, as axudas defensivas todo estaba coa frecha en posición ascendente e iso maracaba unha dinámica e escribía a historia do encontro . Nos minutos finais a defensa 3:3 do Arousa fixo daño na fase ofensiva pero xa non daba tempo a máis, ainda que se perderan os balóns en ataque habia unha seguridade defensiva moi alta que daba ao Fisioterapia 2puntos máis para poder seguir soñando co pase a segunda fase.

Resultado ao final do encontro: Bm Arousa 18- Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 28

Bm Arousa (9+9):Lola López, Eirin Rey, Iria García, Carlota de Maria, Sara Lopez, Elena Iglesias, Zaira Dono,Raquel Salgado, Justina Osifode.

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar:(13+15) Aldara Piñeiro, Claudia Regueiro, Lua Fernandez, Antia Ferreño , Leire Barbeito,Paula Peteiro, Luana Gomez, Rosalia Veiga, Claudia Soto, Lola , Daneila Perez,Romero,Carmela Erias.

Parciais cada 5`:2-1/4-2/5-3/6-7/7-11/9-13/10-17/12-21/13-24/15-25/17-27/18-28

Árbitro:Carlos Matias

Incidencias: Xornada 6 da liga de prata xuvenil femenina da liga prata grupo B.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *