
A importancia de levar o plan de partido pode custar moito durante todo un encontro o costar toda unha tempada . Quizáis esta foi a chave do encontro , o pequeno interruptor que hai que encender nun encontro para poder ver a luz e así ter todo máis fácil ou ter na mán a posibilidade de controlar e dominar o encontro.
O Sutenor non levou isto acabo e viuse reflexado xa nos primeiros intres do encontro onde o Chapela estaba a encontrar o gol . Só con acciones sencillas de pases dende 9m a 6m sen apenas atacar e con situacións moi precedibles da súa mellor xogadora. Non estivo cómodo o equipo cullerdense na fase defensia onde non se estaba a reflexar os patróns defensivos adestrados, quizáis por fatlta de concentración no encontro ou previamente a el.
Na fase ofensiva non se estivo excesivamente acertado de cara o gol , pero hai accións colectivas moi boas que temos que aprender de elas. Xa que se algo sae ben , hay que repetilo , pero se algo sae mal hai que cambialo , ainda asi houbo momento moi bos onde se pode seguir ese camiño ou buscar un reflexo nesas accións para o futuro.
Resultado ao final da primeira metade: Bm Chapela 16- Bm Culleredo Sutenor 13
Na segunda metade as cousas non cambiaron e nos primeiros 5 minutos o equipo visitante volveu a dominar a defensa cullerdense , con accións individuais moi sencillas onde as nosas seguían a ter unha pasividade colectiva . A estos niveis non se pode permitir este tipo de dinámicas se se quere dar un paso adiante. O cambio de sistema defensivo de 5:1 a 3:3 propiciaba interceptacións de balón por parte do Sutenor que non aproveitaba rápidamente senon que o primeiro que se facía era botar o balón en vez de observar e decidir rápidamente . O sistema 3:3 e moi traicioneiro porque senon aproveitas os erros do rival , chega un momento que che quita máis do que da. Os erros de marcaxe individual foron un lastre na última etapa do encontro. Non houbo máis, decidiuse facer outra cousa que non estaba establecida e iso custa moito ante un dos rivais máis fortes da categoría. A actitude , as gañas e a unión foi crave neste encontro que quizáis o luns xa estaba perdido .
Resultado ao final do encontro: Bm Chapela 39- Bm Culleredo Sutenor 31
Bm Chapela:(16+23):Aroa Fernández,Sabela Fernández,Sabela González, Erika Sanchez, Sheila Cusi, Andrea Loira, Alicia Barciela, Ines, Quiintilla, Antía Fernández, Lía Pintos.
Bm Culleredo Sutenor(13+18): Sara Fernández, Helena Portas, Maria Otero, África Gómez, Aitana Gestal , Noa Otón, Rosalía Veiga, Claudia Soto, Alba Fernadez, Thais Villaverde, Lola Romero, Sara Villar.
Árbitros: Martin Rodriguez y Diego Rivera.
Incidencias: Xornada 4 cadete feminina da liga ouro disputado no pavillón de Tarrío en Culleredo
