
O Remax Riazor tiña esta sábado unha das viaxes máis compricadas nesta primeira volta na liga regular.As visitas a O Loureiro nunca son doádas. Os equipos de Carballal nunca regalan nada sexa a xeración que sexa. O espíritu, a unión grupal e as gañas de poder competir a nivel grupal e unha das armas de este club. E iso foi o que demostrou o equipo local dende o principio.
Por outro lado o Remax Riazor non saiu coma un equipo , moitas desconexión a todos o niveis, dende realizar os pequenos plans de partido a non estar nunha gran actividad defensiva. Esta falta de rigor ou disciplina na fase defensiva estaba a costar moitos goles ao equipo cullerdense que seguía moi pasivo ante os ataques con pase e vai do equipo rival ou as transformacións simples de extremo que estaban a xerar un espacio libre que o equipo local o conquistaba con moita efectividade. Se o plan de partido non se cumpre o máis mínimo e moi compricado poder obstaculizar o ataque rival .
Na fase ofensiva o Remax Riazor estaba a ter moitos problemas. Non exite o pase e vai ante defensas abertas e iso e un grave problema para o ataque cullerdense , xa que o pase e vai e un médio táctico para poder facilitar o desmarque sen balón e poder superar asi a primeira linea defensiva do equipo local . Pero o equipo estaba pasivo sempre mandaba o ataque rival ou a defensa rival .Moita pasividade esperando a.... e iso é un erro moi grave xa que hai que ter personalidade e ser moito más reactivo en cada acción sempre levando a iniciativa e non esperar a ver que fai o equipo rival .
Resultado na primeira metade : A.D Carballal 17- Bm Culleredo Remax Riazor 11
Na segunda metade o Remax Riazor derrumbouse totalmente . Na fase ofensiva ninguén tomaba a iniciativa, os pases eran horizontales, as recepcións estáticas e o ataque sempre era precedido dun bote ou a dirección sempre era a mesma e sen continuidade, todo isto era unha suma incontestable para o derrumbe do ataque visitante. Na fase defensiva , a pasividade e as gañar de interceptar algún balón eran mínimas, só algun ápice de valentía e desparpajo de algunha xogadora alevín mantiña a compostura da defensa cullerdense.
Derrota incontestable en Vigo onde moito queda por traballar e aprender. Pero sen actitude , intensidade , disciplina , e saber estar e moi difícil poder competir a certo nivel .Non poder ocurrir a pasividade durante en todo o encontro , iso non é o que se adestra e por ego propio hai que poder eliminar ese tipo de comportamentos.
Toca seguir traballando pero non só asistindo os adestramentos senon que unha xogadora se quere mellorar ten que poñer moito máis ingredentes na olla para poder facelo .
Resultado final: A.D Carballal 35- Bm Culleredo Remax Riazor 18
A.D Carballal(17+18):Sofia Pérez, Antia Alonso, Helena Vazquez, Maria Lopez, Aroa Alonso, Adrian Juncal, Mara Seijas, Nerea Graña,Daniela Alvarez, Candela Nuñez
BM Culleredo Remax Riazor(11+7): Aldara Allegue, Sabela Lamas, Andrea Muñoz, Olivia Pan , Aroa Bestilleiro, Candela Tizón , Sofia Orge,Salma Martinez, Elena Aneiros, Uxia Seoane.
Árbitros: Abel Juncal y Daniel Paredes
Incidencias: Xornada 4 da liga infantil femenina liga ouro , disputada no pavillón de O Loureiro.
