
Previa da Xornada 09.11.25
SENIOR
O Bm Culleredo viaxa este próximo sábado a Vigo para enfrontarse ao Bm Reconquista da cidade olívica.
Os cullerdenses, afrontan o envite desde unha posición cómoda na táboa clasificatoria, pero ambicionan poder sumar dous novos puntos para establecerse con vantaxe nunha situación todavía máis relaxada. Non será unha tarefa sinxela ante un conxunto potente e necesitado. A posibilidade de éxito pasará por frear o ataque posicional do conxunto local, con André Moura á cabeza, e por conseguir a fluidez e disciplina táctica no posicional que o equipo sempre demanda. A velocidade na transición, pode ser outra das claves nun partido que se prevé duro e competido.
O encontro dará comezo ás 20:00h na pista central do Pabellón De Las Traviesas.
XM - GALAICO CARAVANING
O sábado a mañá no Municipal de Almeiras os nosos xuvenís voltan a competición despois de 15 días dende o último encontro.
O rival será o C.P Lucense, rival sempre duro e que está nos postos altos da clasificación. Os xogadores cullerdenses terán que aplicarse na faceta defensiva se queren seguir invictos no campeonato.
XF - FISIOTERAPIA BENESTAR
Comeza a segunda volta do grupo para as nosas xuvenís que a partir de agora teñen o obxetivo de manter o liderato do grupo e aspirar a enfrontarse aos mellores equipos da Liga Prata .Para iso queda moito, pero o primeiro pasiño pasa por Arousa.
CM - DESPREOCÚPATE.ES
Despois do parón da fin de semana pasada, con motivo da ponte de defuntos, o Bm Culleredo retoma a competición este próximo domingo. Os cullerdenses, que contan os seus partidos por vitorias nas tres primeiras xornadas, viaxan a Vigo para enfrontarse a un difícil rival, o Bm Reconquista. Será esencial que os xogadores mostren o espírito competitivo e a actitude que expuxeron no seu anterior enfrontamento e, dentro de todo iso, o bo funcionamento da parcela defensiva, clave para que os de Culleredo poidan volver cos dous puntos.
O encontro disputarase na pista central do Pabellón De Las Traviesas ás 12:00h.
CF - SUTENOR
Encontro de gran altura para o Sutenor que visita a un equipo que fai dous anos loitaba polo título.
A chave do encontro pasa pola solidez defensiva e a non apertura de espazos. O Sutenor segue crecendo e non podemos só manter a visión nos resultados, senón no xogo colectivo que hai que amosar.
CM - CRISTALERÍA GESTAL
Tócalle desta vez aos nosos enfrontarse ao equipo "A" dos de Santiago. Veremos se os nosos son quen de atopala regularidade que nos falta e o orde táctico que precisamos para competir cada encontro.
CF - CANOSA ABOGACÍA
Este domingo o Canosa desprázase a Ribeira para xogar o que será o seu cuarto partido desta primeira fase de Liga.
As rapazas cullerdenses querer volver amosar a súa mellor cara, despois do anterior encontro que non foi o mellor. Para iso será moi importante a solidez defensiva e ter un ataque ordeado e con velocidade de balón.
IM - ARES Y FUERTES
O Ares y Fuertes visita unha complicada pista esta xornada, donde a xente está sufrindo para gañar. Se queremos poder sumar 2 novos puntos que nos manteñan na parte alta da clasificación debemos dala nosa mellor versión defensiva!
IF - REMAX RIAZOR
Volta a competición despois do parón ligueiro, e nova viaxe, esta vez toca visitar unha das pistas máis compricadas de Galicia, O Loureiro do A.D Carballal.
Na fase previa as nosas claudicaron por un gol ante un gran equipo. Toca competir e poñer en dificultades máximas ao equipo rival.
IM - ÓPTICA GALLAECIA
Duro desprazamento para o Óptica Gallaecia que asume un novo partido no que amosar o que están a crecer en cada adestramento. Veremos se os nosos son quen de competir unha nova fin de semana!
