
Previa da Xornada 02.11.25
SENIOR
O vindeiro sábado ás 19:30h, no Pavillón Municipal de Tarrío, o Bm Culleredo recibe ao Automanía Luceros de Cangas do Morrazo. Ambos equipos están separados tan só por dous puntos na táboa clasificatoria, e os cullerdenses esperan facer bo o factor como locais para volver á senda da vitoria e igualar ao seu rival na clasificación.
O conxunto de Culleredo, deberá de recuperar o bo traballo defensivo e conseguir unha maior velocidade de balón no posicional, aumentado, deste xeito, unha achega maior no xogo colectivo de todos e cada un dos seus compoñentes. O repregamento defensivo será outro dos factores a ter en conta de cara a frear as perigosas transicións dun equipo novo que compite de forma sobresainte e ten o dinamismo e a velocidade como acenos de identidade.
ESPERÁMOSVOS, FORZA CULLE!!
