Saltar ao contido

O Óptica Gallaecia reencóntrase coa vitoria

Recibía o Bm Culleredo Óptica Gallaecia ao equipo da capital, o Bm Ribadosar na mañá do sábado. Un partido no que os nosos querían melloralo traballo feito na anterior xornada e desta sí poder levarse os 2 puntos.

Comezaba o encontro moi ben para os nosos, donde a pesares das impresicións nos pases conseguíamos ser moi efectivos antes a 5:1 visitante, conseguindo un primeiro parcial de 4-0.

Comezarían a aparecer graves erros defensivos dos nosos, perdendo a espalda e non cerrando as liñas de pase co pivote, o que nos custaba un parcial de 1-5 para os visitantes. Non seríamos quen de correxilos erros ata o minuto 15, donde volveríamos a ver a un mellor Óptica Gallecia, con máis intencións defensivas e moita máis velocidade e claridade en ataque, o que nos permitía agora sí sacar vantaxe e irnos 18-10 ao descanso.

Comezaba a segunda parte nunha dinámica bastante posivita, xogando a partires das transformación dos nosos laterais e chegando a situacións claras de lanzamento exterior ou penetración. Reaccioaban entón os de Santiago, sendo menos profundos e estando máis xuntos, poñendo en problemas ao noso ataque que ainda está en proceso de aprender a atacar defensas máis pechadas como esta e froito dos nervios comezábamos a ter perdas de forma contínua, o que os de Santiago aproveitaban para recortar distancias no marcador e poñelo definitivo 28-22.

Vitoria para os nosos, que saen dun novo encontro con moitos aprendizaxes adquiridos e un pouqiño máis preparados para seguir loitando nas vindeiras xornadas.

Bm Culleredo Óptica Gallaecia: 28 (18+10) Ian, Óliver, Jorge, Nicolás Morís, Xabier, Mateo, Leo, Adrián, Pablo, Íker, Darío, Nicolás Iglesias.

Bm Ribadosar: 22 (10+12) Antón, Iván, Mario, Nuno, Tomás, Antonio, Dominik, Mauro, Teitur, Bertalán, Brais, Diego, Dago, Martín.

Árbitros: Ángel Ortiz Moya e Luís Daniel Arias Álvarez.

Incidencias: Partido correspondente á 3ª xornada da Liga Prata infantil masculina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *