Saltar ao contido

Contundente vitoria do Cristalería Gestal

Recibían os nosos cadetes do Bm Culleredo Cristalería Gestal ao equipo da capital, o Bm Ribadosar – Nave de Vidán.

Trala dura derrota en Arteixo a pasada semana, tocaba esta semana dar un paso adiante, sobre todo a nivel defensivo e poder loitar polos 2 puntos. Comezaba o encontro e veríase a un equipo claramente superior, un Cristalería Gestal moi ben plantado en defensa, con pequenos erros que se irían correxindo co paso dos minutos e cunha velocidade moi diferente á dos visitantes.

No ataque posicional os nosos xogando de forma ordeada e efectiva non tiñan problemas para atopala portería visitante, con eficacia e replegando rápidamente ante o erro de lanzamento.

Un encontro dominado de principio a fin polos nosos, que nos valeu para poñer en práctica situacións novas a nivel ofensivo e rotar en diferentes postos a nivel defensivo de cara a próximos encontros. A seguinte xornada tocaranos desprazarnos a Santiago para medirse ao outro equipo do Bm Ribadosar, o seu equipo “A”, que de seguro nos porá en complicacións.

Bm Culleredo Cristalería Gestal: 60. Fran, Javier, Anxo, Xurxo, Pablo, Hugo, Roi, Aarón, Antón, Jacobo, Samuel e Guillermo.

Bm Ribadosar – Nave de Vidán: 17. Alejandro, Damián, Jorge, Jacobo, Nubo, Mateo, Nicolás, Luca, Mateo, Lucas, Javier, Arán, Miguel, Fabián.

Árbitros: Ángel Ortiz Moya e Luís Daniel Arias Álvarez.

Incidencias: Partido correspondente á 3ª xornada da Liga Prata cadete masculina Grupo D.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *