
Tocáballe ao Ares y Fuertes recibir ao Bueu, un clube que ten un xen competitivo sen igual en toda Galicia, loitando cada partido como ninguén. Chegaban os nosos con ganas de resarcirse do empate da pasada xornada e sabían da dificultade do encontro.
Comezaba o encontro cun intercambio de golpes, con 2 equipos xogando a un ritmo moi alto e plantexando diferentes sistemas defensivos. O noso 3:3 máis presionante que os visitantes buscaban atacar conectando cos extremos entre liñas, con xogadores moi desequilibrantes como Goro Couso, que contrastaba co pechado 5:1 proposto polos vistantes, que buscaban os nosos atacar a partires de desprazalo avanzado coas transformacións de primeira liña.
Ata o minuto 20 da primeira parte veríase unha alternancia no marcador contínua, sin un equipo que dominase o encontro, sufrindo os nosos na fase defensiva para frear a Hugo Sobral, o enorme lateral visitante. Pola contra veríase un Ares y Fuertes donde a pesares de faltar un punto de ritmo e de continuidade, conseguía levalo balón ao extremo esquerdo con espazo e xerando moitas ocasións. Con isto conseguirían os nosos irse 2 goles arriba ao descanso.
Comezaba a segunda parte e parecía que o Ares y Fuertes daba un puntiño máis de intensidade, conseguindo a máxima distancia ata o momento, poñéndose 4 goles arriba.
Chegaba sen embargo a reacción dos de Bueu, que aproveitando os nosos erros e correndo moi ben as transicións levaríanse un parcial de 1-5 e empataban o encontro a falta de 15 minutos. De novo entraríamos nun intercambio de golpes, donde os nosos erros no lanzamento nos penalizaban e a velocidade na transición do Bueu nos facía moito dano. Chegaríamos de novo ao derradeiro minuto do encontro, 1 gol por encima e con posesión, pero un erro propio da categoría, o momento e os nervios, facíanos precipitarnos nun lanzamento sen sentido e darlle a oportunidade ao Bueu de subir ao contraataque que freábamos ben e cerrábamos o encontro con 2 novos puntos moi importantes que nos manteñen na parte alta da clasificación.
Bm Culleredo Ares y Fuertes: 35 (18+17) Pedro, Aitor, Jorge, Mauro, Leo, Nicolás, Roi, Pablo, Mario e Darío.
Chiringo Duna Bueu Atlético Balonmán: 34 (16+18) Mateo, Fernando, Martín, Miguel, Goro, Lolo, Alberto, Anxo, Javier, Hugo, Saul, Iago e Noé.
Árbitros: André Pena Muiños e Víctor Pérez Arias.
Incidencias: Partido correspondente á 3ª xornada da Liga Ouro infantil masculina.
