
O pasado sábado, as rapazas cadetes do Canosa Abogacía recibían ao Bm Ribadosar-Espina y Delfín no que sería o seu segundo partido como locais.
O partido iniciou cun ataque claro e resolutivo das nosas rapazas, que a través dunha serie de permutas e cruces, e movendo o balón de lado a lado, conseguían espazos sinxelos na defensa 6:0 das rivais. Mais na defensa tiveron varios erros pola falta de estructura e concentración na zona da pivote, o cal as de Santiago aproveitaron en varias ocasións.
Resultado ao descanso: Bm Culleredo Canosa Abogacía 17 - Bm Ribadosar-Espina y Delfín 5.
Na segunda metade a actitude empeorou e os erros aumentaron. No ataque, unha serie de perdidas ante a presión defensiva e as malas recepcións e pases facían posible o aumento no marcador rival, grazas a subida rápida das do Ribadosar. Na defensa non se estaba a vascular ben e as axudas aparecían antes de tempo, o que permitiu de novo goles sinxelos para as rivais, a pesares disto parecía que ao final do encontro as do Culleredo melloraban a situación defensiva e conseguía interceptar varios balóns.
A pesares de gañar de maneira abultada, non foi un bo traballo. As do Canosa teñen por diante dúas semanas de traballo para volver a dar a súa mellor imaxe.
Forza Culle!!
Resultado ao final: Bm Culleredo Canosa Abogacía 41- Bm Ribadosar-Espina y Delfín 15.
Parciais cada 5´: 3-0/8-1/10-1/11-3/14-4/17-5 // 22-7/28-8/32-10/33-14/36-15/41-15.
Bm Culleredo Canosa Abogacía: Alba Romero, Aroa Pato, Carmen García, Cintia Míguez, Elena Aneiros, Eva Outón, Helena Portas, Sara Villar, Simona Seo, Sofía Meijide, Sofía Orge, Uxía Seoane, Yasmín Gabarri.
Bm Ribadosar-Espina y Delfín: Daniela Dubra, Andrea Caamaño, Enma Villanueva, Daniela Rodríguez, Claudia Marzoa, Daniela Iglesias, Lucía Iglesias, Valle López, Mencía Núñez.
Árbitro: André Pena.
Incidencias: Xornada 3 da Liga Prata Cadete Feminina (grupo D), disputado no Pavillón Municipal de Almeiras.
