
O BM.Culleredo Despreocúpate.es, deu a badalada onte Domingo ao impoñerse ao Serviauto Bueu ATL. Balonmán, un dos favoritos para ocupar os postos máis altos da táboa clasificatoria e verdugos dos cullerdenses na anterior tempada desta xeración. Os xogadores de Culleredo, fraguaron a vitoria nunha primeira parte na que bordaron un balonmán de moitos quilates, conseguindo desarbolar ao seu rival en todas as fases do xogo, ata lograr unha máxima vantaxe de dez goles (25-15). Con todo, para lograr a recompensa, o BM.Culleredo Despreocúpate.es, tivo que sufrir e moito ,nunha segunda parte na que o seu rival, apelando ao seu espírito competitivo e a súa calidade, conseguiría igualar a contenda a falta de 15´para o final (30-30). Este momento tan delicado, correspondería coa exclusión de Teo Gómez, un dos goleadores do conxunto local, que con tres exclusións, debía de abandonar o campo. Comezaba entón un novo encontro onde os visitantes, que viñan remontando e atopábanse no punto máis álxido, parecía, tiñan todas as de gañar. Foi entón cando o conxunto de Culleredo repúxose aos poucos, ata terminar por sacar o seu lado máis competitivo e unha gran efectividade en ataque, para completar, nun final vibrante e repleto de incerteza, a gran xesta da fin de semana.
Bm Culleredo Despreocúpate.es: 40 (25+15). Mateo Basanta (P), Xurxo Méndez (P), Martín Casal, Mauro Fdez, Antón Rodríguez, Isaac Lorenzo, Teo Gómez, Alex Soto, Alexis Martínez, Iván Gantes, Guillermo Blanco, Javi Orge, Aarón Beade, Jacobo Soto.
Serviauto Bueu ATL. Balonmán: 36 (16+20). Miguel Cadilla, Mateo Baña, Hugo Otero, Pablo Arce, Diego Otero, Iago Cerqueira, Alberto Fdez, Marco Soliño, Francisco Ríos, Mateo Vega, Roi Dávila, Xurde Rey, Kevin Bon.
Parciais cada 5´: 3-2 / 10-5 / 16-8 / 18-9 / 21-13 / 25-16 / Descanso / 28-22 / 29-25 / 30-30 / 33-31 / 36-33 / 40-36
Colexiados: André Pena e Víctor Pérez.
Incidencias: Partido correspondente á terceira xornada da Liga Ouro disputado no polideportivo de Almeiras. Cheas as bancadas de siareiros de ambos os equipos, que puideron disfrutar dun encnotro vibrante e repleto de bo balonmán.
