
O BM.Culleredo, non puido puntuar na súa visita á difícil pista do Lirón Teucro 80 aniversario e suma así a súa segunda derrota consecutiva, algo que aínda non ocorrera nesta tempada. Os cullerdenses entraron mal no encontro e cun 4-0 no electrónico, o técnico visitante víase na obriga de solicitar o seu primeiro tempo morto para reconducir a situación. Na volta do equipo á pista, poderíase ver unha leve melloría, que levaría ao mesmo a conseguir un parcial gañador de 13-14 a partir dese instante, insuficiente en todo caso para voltear o marcador. Os locais, tomarían o túnel de vestiarios cunha vantaxe de 17-14 ao finalizar os primeiros trinta minutos. Na continuación, o conxunto teucrista terminaría por pechar o partido nos primeiros dez minutos, conseguindo un parcial de 6-2 que ampliaba a súa vantaxe e engadía máis dificultades ás que se estaba atopando o BM.Culleredo. Os cullerdenses, veríanse superados entón con suma claridade na retagarda, sen acabar de funcionar nin a sistemática 6:0 nin a 5:1. O ataque estaba espeso e non existía a penas xogo colectivo. Recorríase entón como plan definitivo ao 7x6, conseguindo sumar goles á marcadora, pero encaixando tamén, case de forma consecutiva, na fase defensiva. O partido estaba visto para sentenza e o BM.Culleredo non podía, nesta ocasión, coa superioridade dun dos favoritos para ocupar os postos altos da táboa clasificatoria.
Lirón Teucro 80 Aniversario: 38 (17+21). Pablo González, Miguel Jiménez (1), Iago Rivas (4), Roi González (1), Andrés Pérez (5), Miguel Monteagudo (2), Caue Herrera (4), Iago Vidal (7), Ricardo Antón González, Sergio Blond (2), Rhuan Marchete Pereira (5), Gonçalo Areias (3), David Pintos (1), Agustín Franco (3).
BM.Culleredo: 29 (14+15). Xoán Varela (P), Oscar Bello (P), Carlos Costa (2), Alejandro Gómez (9), Alejo Martínez, Juan Pereira, Marcos Regueiro, Iván Sánchez, Iago Ferreiro (4), Roi García (1), Henrique Traba (2), Nico Casal (1), Mario Crecente (8), Darío Pérez, Nuno Loxo (2), Marco García.
Parciais cada 5´: 2-0 / 7-3 / 9-4 / 10-8 / 13-10 / 17-14 / Descanso / 20-16 / 23-16 / 28-19 / 32-22 / 35-25 / 38-29 / Final.
Colexiados: Julio Villanueva e Daniel Valdés.
Incidencias: 7ª xornada da temporada 2025/26 na 1ª nacional (Grupo A) . Partido disputado no pavillón Dos Deportes de Pontevedra.
Fotos Do Encontro:
https://photos.app.goo.gl/9WN9YnFBvvKPEuUF8
