
O Sutenor logra un pleno de victorias ante do pequeno parón ligueiro . Ademáis o fai cun bó xogo colectivo ante o colista da competición pero sabendo que é un equipo que está a dar moitos problemas por esa incidencia de os 1x1 en zonas laterais.
Comezaba coma un avión o Sutenor aínda que non se plasmaba no marcador (6-4) pero a defensa estaba a funcionar como bloque e o ataque estaba a ser moi rápido e dinámico , mágoa certos lanzamentos dende 6 m, quizáis era o único ¨pero ¨que se podería dicir.
Unha vez o encontro ía desarrollandose as nosas evolucionaban o encontro moi positivamente a recuperación de balón propiciaban os contrataques tanto de primeira oleada coma de segunda , e no ataque posicional o xogo colectivo estaba a dar moita velocidade de balón para poder superar o 6:0 do equipo rival .
Resultado ao descanso : Bm Culleredo Sutenor- 16- Bm Sanxenxo Dislausa 11
A defensa 5:1 proposta polo Sutenor estaba a dar un gran resultado , pese a encaixar difrentes goles na no inicio da segunda metade , o equipo cullerdense volveuse a entonar e volveu a cerrar as portas de cara o gol do equipo visitante.
Mentres na fase ofensiva a velocidade de circulación de balón , a disciplina e orde táctico conxuntábanse para obter un gran beneficio no ataque . O balón circulaba máis rapido que a basculación defensiva do equipo rival e iso o Sutenor o aproveitaba para buscar penetracións en zonas laterais .
A diferencia abultábase grazas a un gran traballo colectivo nesta segunda metade onde o Sutenor demostraba dar un pequeno paso respecto outros encontros anteriores. Non debe de haber prisa para acadar os obxetivos, hai que adaptarse a moitas circunstancias e adaptarse a competición. Queda un ano moi duro e igualado onde hai que entender e valorar todo o que hai por detrás dun encontro o dunha competición .
Noraboa polo encontro e a demotrar que paso a paso e con humildade é o camiño a seguir.
Forza Culle.
Bm Culleredo Sutenor(16+22): Sara Fernández, Helena Portas, Maria Otero, África Gómez, Aitana Gestal , Noa Otón, Rosalía Veiga, Claudia Soto, Alba Fernadez, Thais Villaverde, Lola Romero, Sara Villar.
Bm Sanxenxo Dislausa:(11+13):Lúa Rodiño, Sara Salomon, Ainara Portelam, Alexia Mosquera,Lía Fernandez, Irene Torres, Manuela Padín, Laura Conde, Clara Fernández, Sabela Outón, Noa Castro
Parciais cada 5`:4-1/4-3/9-5/10-6/13-9/16-11/21-14/26-15/29-17/33-19/34-22/38-24
Árbitros: Uxía Mariño y Daniel González
Incidencias: Terceira xornada cadete feminina da liga ouro disputado no pavillón de Tarrío en Culleredo
