Saltar ao contido

O REMAX RIAZOR REAPARECE EN ALMEIRAS PARA CONSEGUIR UNHA NOVA VITORIA

O infantil femenino culleredense enfrontábase a o filial do Bm Cisne conxunto que milita na división de plata , a segunda máxima categoría nacional . O reto era maiusculo xa que sempre estas entidades teñen moito poderío nas categorías base. Pero as nosas non se amilanaron e puxeron toda a súa máxima concentración nos primeiros minutos de xogo onde no minuto 7 de encontro o entrenador do equipo pontevedrés pediría un primeiro tempo morto xa que o Remax Riazor acadaría un 5-1 no marcador grazas ao nivel defensivo que propuxeron nun sistema 3:3 moi presionante coas liñas moi xuntas para poder parar o ataque rival . Con iso e con moita paciencia a nivel ofensivo o equipo cullerdense continuaría dando un bó nivel de xogo para poder manter unha boa distancia no marcador e non pasar apuros nesta primeira metade que dominarían en absoluto.

Resultado ao descanso: Bm Culleredo Remax Riazor 13- Omma Arquitectura Cisne 7

Poucos goles encontra din moito dun equipo que está a defender a súa porteria con moito criterio . Quizáis na parcela ofensiva ese criterio non está axustado de todo xa que hai moitos desaxustes no movimiento de pezas , isto pasa factura a longo prazo pero aínda así conseguense situacións de continuidade de balón logrando lanzamentos sen oposición.

O equipo visitante cambiaría o sistema defensivo a un 5:1 moito máis cerrado , aínda asi as nosas miniguerreiras conseguían boas accións de gol con simples desmarques da segunda liña.

O Remax Riazor conseguía manter unha regularidade en todo o encontro , sobre todo mantendo a diferencia de goles, para poder ter un encontro quizáis máis tranquilo que outros pasados.

Noraboa polo triunfo pero aínda queda moito que traballar , tanto en aspectos individuais coma colectivos. Para iso a actitude e o mínimo que podemos dar para poder ir mellorando pouco a pouco .

Forza Culle.

Resultado ao final do encontro: Bm Culleredo Remax Riazor 29- Omma Arquitectura Cisne 24

BM Culleredo Remax Riazor(13+16): Aldara Allegue, Sabela Lamas, Andrea Muñoz, Olivia Pan , Aroa Bestilleiro, Candela Tizón , Sofia Orge,Salma Martinez, Elena Aneiros, Uxia Seoane.

Omma Arquitectura Cisne (9+15):Inés Casal, Vega Hernández, Sabela Carrera, Carmen Picallo, Paula Romero,Laura Fariña, Irene Gay, Sabela Baltasar,Sofia Buceta

Parciais cada 5`: 3-1/7-3/9-5/12-6/13-7/17-9/18-13/21-16/26-19/29-24

Árbitros: André Pena

Incidencias: Xornada 3 da liga infantil femenina liga ouro , disputada no pavillón de Almeiras en Culleredo,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *