Saltar ao contido

Solvente triunfo ante un gran rival

O Sábado a mañá no municipal de Tarrio disputouse o derbi local entre o Balonmán Culleredo e o Balonmán Atlantico.

O encontrou comenzou cos ataques dominando ante defensas con pouca intensidad e disciplina táctica.No minuto 15 con empate a 8 goles , o entrenador culleredense solicitou tempo morto para poñer en orden a defensa local.Os xogadores do Galaico Caravaning conscientes da importancia do partido , reaccionaron e subiron a intensidade defensiva para lograr un parcial de 11-3 nos seguintes 15 minutos.Chegouse ao descanso cunha vantaxe amplia gracias a labor defensiva e portería.

A segunda metade comezou igual que rematou a primeira, cun Balonmán Culleredo moi rápido nas transicións e con moita solidaridade defensiva que cando era superado polo equipo de Oleiros aparecía a nosa portería para atallar balóns en momentos claves( ata 3 lanzamentos dende a liña de 7 metros).A vantaxe era xa inalcanzable para os xogadores do Atlántico e nos derraideiros 10 minutos viviuse un encontro con menor intensidade.

Balonmán Cullerdo Galaico Caravaning. 33(19+14): Hugo Díaz , Jorge Amor, Iago, Hugo Bermúdez, Roi,Adrián,Jairo,Fabián, Jorge Outón,Xoán,Hugo Bregua,Teo,Diego e Alexis.

Noroplaza Atlántico.21(11+10):Pablo,Alejandro,Roi,Martín,Adrián,Emilio,Daniel Archilla,Mateo,Enmanuel,Teo,Lucas,Damián e Daniel Maceiras.

Colexiados:Angel Ortiz e Luis Daniel Arias

Incidencias: Numerosa afluencia de público de ambos conxuntos cunha grada implicada dando apoio aos seus.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *